Charles DICKENS, "Oliver Twist"

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

     O pasado xoves 23 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO tivo ocasión de desenvolver unha xornada diferente acudindo á representación dunha adaptación teatral da novela Oliver Twist, obra dun dos iniciadores do Realismo literario, Charles DICKENS.

     A saída realizouse a pé desde o instituto ata o Teatro Salesianos, onde se celebrou entre as 12 e as 13:30 a sesión, que resultou moi do agrado da maioría dos asistentes. Para algúns foi, se cadra, o seu bautismo teatral.

     Rematada a interpretación, os actores contestaron amablemente as preguntas que lles fixo o público e cando todo finalizou regresamos de novo a pé para o instituto, a onde se chegou apenas para o remate da derradeira clase da mañá.

     A experiencia foi positiva e moitos quedaron con ganas dun recunque!!