Celébrase o 8 de marzo a partir dunha idea xurdida ao final do século XIX, e que se centraría finalmente neste día como punto de converxencia para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e realizar actos conmemorativos do valor e a decisión de mulleres comúns que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.
O IES de Elviña xa hai un tempo fixo este fermoso vídeo sobre A muller galega na historia:
Vinte mil leguas baixo dos mares é unha das máis coñecidas obras do importante escritor francés (aínda que os seus estudosos recalcan que Verne aproveitaba as súas engaiolantes aventuras, historias e personaxes, para exercer labores de divulgador científico) Jules Verne, ambientada nos anos 1866, 1867 e 1868. A historia comeza cando na alta sociedade francesa do século XIX se produce unha grande algarada debido aos frecuentes testemuños de mariños que afirman terse topado na alta mar cun monstro xigante, cun farallón fuxidío, cunha embarcación “inimiga” descoñecida...
Os días 21 e 23 de febrero o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu á representación da obra “A louca historia de Galicia” na sala Ártika de Vigo.
Esta divertidísima comedia fai un percorrido polas orixes, costumes e tradicións da nosa terra, dende os celtas ata a actualidade. Os alumnos, ademais de pasalo moi ben, aprenderon algo máis sobre a nosa historia.
O peza foi representada pola compañía Fulano, Mengano e Citano.
A baía de Vigo
(18 de febreiro de 1868)
(4º ESO)
O Atlántico! Vasta extensión de auga que cobre unha superficie de vinte e cinco millóns de millas cadradas. Océano de costas sinuosas, regado polos máis grandes ríos do mundo, o San Lourenzo, o Mississippi, o Amazonas, o da Prata, o Orinoco, o Níxer, o Senegal, o Elba, o Loira, o Rin, que lle achegan as augas dos países máis civilizados e das rexións máis salvaxes.
O 10 de febreiro, no Mar Vermello, cazouse unha vaca mariña (dugongo)
O 14 de febreiro, rumbo a Creta
O xoves 8 de febreiro reunímonos no recreo para falar do libro de Patrick Ness Un monstro vén a verme. Esta novela conta como vive un rapaz de trece anos a doenza da súa nai enferma de cancro. Conor, o protagonista, pasa por unha etapa moi complicada e o mundo real vólveselle máis serio do que pensaba.
O libro ao principio resultounos un pouco complicado e algo lento. Cremos que o monstro, figura creada pola imaxinación de Conor, e que o visita polas noites, é unha segunda personalidade do rapaz que aparece para facelo reflexionar sobre as situación da vida. O monstro, a través das historias que lle conta, axuda a que Conor acepte a terrible realidade que lle toca vivir e a comprender que esta non sempre é feliz.
María Carril Landín, estudante de Administración y Dirección de Empresas e alumna do noso centro ata o pasado curso académico, foi galardonada con un dos Premios de Excelencia Académica que, cada ano, se conceden na Universidade de Vigo aos mellores expedientes académicos.
Para celebrar que o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, coincide coa data de nacemento de Castelao, o equipo da biblioteca elaborou unha guía didáctica para coñecer máis a fondo a vida e obra do autor que dá nome ao noso centro. O alumnado do 1º ciclo da ESO traballou con ela a partir dos paneis expostos no vestíbulo. Pica na imaxe para ver as fotos.