Persépole (novela gráfica) Marjane Satrapi
O pasado mes de marzo comentamos en varios recreos a novela gráfica Persépole, de Marjane Satrapi.
A obra narra a propia vida da autora desde 1979 (cando tiña dez anos) ata 1994.
Marji nace nunha familia progresista, laica e de clase alta de Teherán e, á diferenza do resto de nenos e nenas da súa idade, é educada ao estilo occidental. Sempre tivo unha considerable inquedanza intelectual.
Leonardo e os fontaneiros
En xaneiro, nos recreos reunímonos varios alumnos de 1º ESO C coa nosa profesora Esther para comentar o libro Leonardo e os fontaneiros, de Mª Victoria Moreno, autora á que se lle adica esteano o Día das Letras Galegas.
Como este curso andamos mergullados na viaxe submarina de Jules Verne que hai pouco tempo tocou fondo na ría de Vigo, desde a biblioteca quixemos centrar o Día da Poesía de 2018 nas cantigas medievais de Martín Códax. Máxime este ano que estiveron connosco ata hai ben pouco nese Pergamiño Vindel que nolas trouxo -seis delas- coa música tamén, neste caso desde alén mar, onde se atopa o manuscrito, actualmente propiedade da Morgan Library de Nova York.
Tamén podemos ver reproducido no vestíbulo, ao carón dalgunhas edicións das cantigas de Martín Códax, o fermoso cadro das Cíes, gardiás da ría, que presidía a vitrina na que se expuxo o Vindel no Museo do Mar. É obra do artista Urbano Lugrís, autor tamén de tres sonetos dedicados a elas que forman parte do seu libro Balada de los mares del norte.
Feliz Día da Poesía!!
No día de onte os alumnos de 2º da ESO concentráronse no salon de actos do IES Castelao para asisitir a unha exposición dos principais perigos que conleva un uso irresponsable de Internet na actualidade. A esperta da Policía Nacional que se desprazou ó centro para realizar a exposición incidiu en cuestións de máxima prioridade como o emprego responsable de datos persoais, prestar especial atención a posibles fraudes e usurpación de identidade; e moi especialmente chamou á sensibilidade ante fenómenos como bullying, sexting, grooming ou happy slapping, que entrañan riscos para o benestar, a saúde e van máis alá dos límites legais establecidos. Foi unha sesión moi informativa para todos e espertou o interese dos alumnos que manifestaron nos últimos momentos da exposición algunhas das dúbidas máis habituais.
O pasado venres, 9 de marzo, un grupo de cincuenta estudantes de 2º de bacharelato, acompañados polas profesoras Esther e Isabel, do departamento de Lingua Galega, foron de excursión a Ourense para realizaren o roteiro d’A esmorga, na cidade das Burgas,
Aínda que o tempo non acompañou moito, a visita resultou proveitosa e interesante, pois tiveron ocasión de facer un percorrido pola parte vella da capital ourensá e recoñecer in situ algunhas das localizacións de certos episodios da novela de Blanco Amor.
Aquí vos deixamos unhas fotos das charlas sobre animais que desenvolveron en febreiro varios alumnos de 1ºESO-B na materia de Bioloxía e Xeoloxía. Daniel Martínez exerceu de coordinador e como axudantes interviron Iván Pérez, Iván García e Sergio Pico. A primeira charla titulouse "Espectáculo de pombas" e a segunda "Apicultura en Galicia".
Seguindo o ronsel de Jules Verne e baixo a dirección da profe de Lingua castelá Silvia Iglesias, o alumnado de 1º da ESO B deleitounos cun fermoso e nutrido bestiario mariño que logo foi sometido á votación dos visitantes da biblioteca.
Realizado o escrutinio, estes son os animais que resultaron máis votados:
1º. Cergüino
2º. Cabrácora
3º. Llogüi
4º. Ovepo e ovapo
Moitísimos parabéns a todos os participantes pola súa imaxinación na concepción destes seres!!!
O pasado venres, 2 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º da ESO puidemos ver na Escola Oficial de Idiomas a representación teatral da obra Leonardo e os fontaneiros, de María Victoria Moreno.
O protagonista, Antón Andrade Asorei, e a súa compañeira de clase, Begoña, recordaron as divertidas anécdotas vividas durante o último curso de colexio, mais tamén os momentos de mágoa que experimentaron á morte do can Leonardo ou da súa mestra, A Galiña.