Charla: Uso seguro de internet

          No día de onte os alumnos de 2º da ESO concentráronse no salon de actos do IES Castelao para asisitir a unha exposición dos principais perigos que conleva un uso irresponsable de Internet na actualidade. A esperta da Policía Nacional que se desprazou ó centro para realizar a exposición incidiu en cuestións de máxima prioridade como o emprego responsable de datos persoais, prestar especial atención a posibles fraudes e usurpación de identidade; e moi especialmente chamou á sensibilidade ante fenómenos como bullying, sexting, grooming ou happy slapping, que entrañan riscos para o benestar, a saúde e van máis alá dos límites legais establecidos. Foi unha sesión moi informativa para todos e espertou o interese dos alumnos que manifestaron nos últimos momentos da exposición algunhas das dúbidas máis habituais.