Día da Poesía 2018

          Como este curso andamos mergullados na viaxe submarina de Jules Verne que hai pouco tempo tocou fondo na ría de Vigo, desde a biblioteca quixemos centrar o Día da Poesía de 2018 nas cantigas medievais de Martín Códax. Máxime este ano que estiveron connosco ata hai ben pouco nese Pergamiño Vindel que nolas trouxo  -seis delas-  coa música tamén, neste caso desde alén mar, onde se atopa o manuscrito, actualmente propiedade da Morgan Library de Nova York.

          Tamén podemos ver reproducido no vestíbulo, ao carón dalgunhas edicións das cantigas de Martín Códax,  o fermoso cadro das Cíes, gardiás da ría, que presidía a vitrina na que se expuxo o Vindel no Museo do Mar. É obra do artista Urbano Lugrís, autor tamén de tres sonetos dedicados a elas que forman parte do seu libro Balada de los mares del norte. 


Feliz Día da Poesía!!