Capítulo III. Como desexe o señor
Tres segundos antes da chegada da carta de J. B. Hobson, pensaba en perseguir o alicorno mariño tanto como tentar o paso do Noroeste. Tres segundos despois de ler a carta do honorable secretario da Mariña, comprendía por fin que a miña verdadeira vocación, o único obxectivo da miña vida, era cazar ese monstro descougante e librar o mundo del.
Sen embargo, volvía dunha penosa viaxe, canso e ávido de repouso. Só desexaba ver de novo o meu país, os meus amigos e o meu pequeno aloxamento do Xardín das Plantas, as miñas queridas e preciosas coleccións. Mais nada puido reterme.
Capítulo II. Os pros e os contras
Na época en que se produciron estes acontecementos, eu regresaba dunha expedición científica nos Estados Unidos. Na miña calidade de profesor suplente do Museo de Historia Natural de París, o goberno francés incluírame nesa expedición. Despois de pasar seis meses en Nebraska, cheguei a Nova York cara a finais de marzo cargado de preciosas coleccións. A miña saída para Francia estaba fixada para os primeiros días de maio. Mentres agardaba, ocupábame en clasificar as miñas riquezas mineralóxicas, botánicas e zoolóxicas, cando sucedeu o incidente do Scotia.
Capítulo I. Un farallón fuxidío
O ano 1866 estivo marcado por un estraño acontecemento, un fenómeno inexplicado e inexplicable que ninguén, sen dúbida ningunha, esqueceu.
Dende había algún tempo varios navíos atoparan no mar unha “cousa enorme”, un obxecto longo, ás veces fosforescente, infinitamente máis grande e máis rápido que unha balea. Se era un cetáceo, superaba en volume todos os que a ciencia clasificara ata entón. Podíase afirmar que ese ser fenomenal, de existir realmente, sobrepasaba moito todas as dimensións admitidas polos ictiólogos ata o momento.
O martes 17 tivemos a oportunidade de desfrutar da poesía da man dos protagonistas do recital Kerouac. Baixo a animada moderación de Marcos de la Fuente puidemos desfrutar da declamación dos versos sentidos de David Casal, a poesía explosiva e explícita de Brais Nogueira, así como do lirismo e a elegancia rítmica dos versos de Cynthia Menéndez. Esta última, de visita no IES Castelao por segunda vez con este proxecto, adicou a súa actuación ó centro, no que pasou os seus anos de estudo da secundaria e Bacharelato. Asimesmo, foi a aclamada gañadora do “Poetry slam” que organizan os miembros do recital.
En definitiva, sensibilidade a flor de pel e una maneira máis desenfadada de acceso á poesía para os alumnos da ESO e do Bacharelato. Ninguén ficou indiferente.
Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra o cancro de mama.
No concurso que se promoveu desde a Biblioteca con motivo do Día Internacional da Tradución, o alumnado foi requirido para averiguar a lingua á que correspondían as reproducións de edicións da obra de Jules VERNE que este ano recordamos especialmente, Vinte mil leguas baixo dos mares.
Foron moitos os que se animaron a probar sorte (máis de setenta!!) e algúns achegáronse moito: seis participantes acertaron 17 dos 18 casos.
Mais só un fixo pleno de acertos, enchendo correctamente a resposta á lingua na que estaban as 18 versións que se ofrecían.
El é, polo tanto, o gañador. A ver que lingua escolle para ler esta obra!
O alumnado novo xa visitou "oficialmente" a biblioteca. Desenvolveuse o pasado martes día 3 de outubro a xornada de presentación para cada un dos grupos de 1º da ESO.
En primeiro lugar, foron informados dos servizos que presta a biblioteca do centro, das súas normas de funcionamento e mais da organización e colocación dos fondos. Ao final da sesión, eles mesmos tiveron que atopar un libro dos que se lles proporcionaban os datos precisos, cos que previamente foran familiarizados.
Pola súa parte, o alumnado de bacharelato de novo ingreso no centro, recibiu xa na semana anterior, a derradeira de setembro, a Guía da biblioteca 2017 / 2018.