Seguindo o ronsel de Jules Verne e baixo a dirección da profe de Lingua castelá Silvia Iglesias, o alumnado de 1º da ESO B deleitounos cun fermoso e nutrido bestiario mariño que logo foi sometido á votación dos visitantes da biblioteca.
Realizado o escrutinio, estes son os animais que resultaron máis votados:
1º. Cergüino
2º. Cabrácora
3º. Llogüi
4º. Ovepo e ovapo
Moitísimos parabéns a todos os participantes pola súa imaxinación na concepción destes seres!!!
(17 de novembro de 1867)
[Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XV-XVII, 1ª parte]
O 10 de novembro non me atopei con ninguén da tripulación. Ned e mais Conseil pasaron a maior parte do día comigo. Estrañáronse ante a inexplicable ausencia do capitán. Aquel día comecei o diario destas aventuras, feito que me permitiu contalas coa máis escrupulosa exactitude.
Capítulo VII. Unha balea de especie descoñecida
Aínda que fiquei abraiado por esta inesperada caída, conservei unha impresión moi clara das miñas sensacións.
Fun arrastrado a unha profundidade duns vinte pés. Entrevín unha masa negra que desaparecía cara ao leste, cunhas luces de posición que desapareceron ao lonxe. Era a fragata. Sentinme perdido.
- Socorro! Socorro! –berrei nadando desesperadamente cara á Abraham Lincoln.
Foi o último berro que lancei. A miña boca encheuse de auga. Loitaba, arrastrado cara ao abismo.