Capítulo VII. Unha balea de especie descoñecida
Aínda que fiquei abraiado por esta inesperada caída, conservei unha impresión moi clara das miñas sensacións.
Fun arrastrado a unha profundidade duns vinte pés. Entrevín unha masa negra que desaparecía cara ao leste, cunhas luces de posición que desapareceron ao lonxe. Era a fragata. Sentinme perdido.
- Socorro! Socorro! –berrei nadando desesperadamente cara á Abraham Lincoln.
Foi o último berro que lancei. A miña boca encheuse de auga. Loitaba, arrastrado cara ao abismo.