Ed. física
Nas pistas de atletismo con 6⁰EP
O mércores 13 de novembro puxemos punto e final a UD de iniciación ao atletismo. Coma sempre nas pistas da UD celebramos unha particular olimpiada de atletismo, que todo o alumnado preparou e desfrutou moito. Este ano engadimos o acto de entrega de medallas aos tres mellores equipos. Estas medallas foron deseñadas por unha alumna e posteriormente impresas en 3D na nova impresora enviada pola Consellería de Educación, dentro do proxecto de Polos Creativos.
UD de Balonmán Sport Education
Un curso máis pero con novos protagonistas, e novamente un éxito de implicación e actitude colectiva e cooperativa, filosofía da metodoloxía de Educación Deportiva aplicada estrictamente nesta unidade didáctica. Este curso a gran novidade foi a de implementar o deseño da camiseta coa tecnoloxía de vinilos termoadhesivos, conseguindo deste xeito utilizar as novas aprendizaxes en TICs para realizar un traballo real e productivo.
Xornada de baloncesto con Maristas
Como colofón ao curso, dúas xogadoras e adestradoras do equipo de baloncesto de Maristas Coruña, Andrea e Aitana, achegáronse ao colexio para realizar unhas sesións de promoción deste deporte. O alumnado de 3º e 4ºEP desfrutou dunha sesión onde tiveron a oportunidade de coñecer e practicar este deporte e algunha das súas habilidades específicas. Agradecemos o seu traballo e desexámoslles moitos éxitos e sorte para o seu clube.
Día da Educación Física na rúa
Xa levamos uns cantos anos conmemorando este día en colaboración con outros centros educativos da cidade e a contorna, ademáis da colaboración coa UDC. Este ano tivemos que aprazar pola choiva, pero finalmente o xoves 30 de maio o celebramos en María Pita xogando os 400 alumnos-as a xogos alternativos como "Rosquilla", Twincon e NoqBall. Ao final xuntámonos todos-as para representar o noso logo +EF.
No Camiño con quinto
Acompoñounos un fantástico día na nosa habitual ruta entre Furelos e Ribadiso, onde o alumnado de 5ºEP realizou este fermoso tramo do Camiño Francés disfrutando das paisaxes e a convivencia cos compañeiros e outros peregrinos. Tamén aproveitamos para reforzar "in situ" contidos de historia e arte nos que estamos a traballar en ciencias sociais. Unha xornada redonda!!
Masterclass de baloncesto
Hoxe, 22 de febrero do 2024, veu o pai de Claudia (unha alumna de 6ºB) a darnos unha clase de baloncesto. Entrena equipos de baloncesto dende hai case 30 anos, un auténtico apaixoado deste deporte. Primeiro, deunos unha pequena charla sobre a historia do baloncesto, sobre o diferente tamaño do balón en diferentes edades, sobre a altura da canasta... Logo, nos dividimos entre grupos de 6, e fixemos entradas. Despois, probamos a tirar parando en un tempo, posicionandonos debaixo do balón.
A continuación, fixemos un 3x3, e dicir, 3 atacan e 3 defenden. Nos colocamos por filas, e tíñamos que correr ata a outra canasta e tocar a línea de
fondo, e despois xogar un pequeno partido.
Por último, o pai de Claudia regalounos uns llaveros de baloncesto (canastas, canchas, balóns de baloncesto...).
Despois de sacarnos unha foto con él, agradecímoslle cun forte aplauso a súa colaboración e regresamos para casa. Menuda xornada tan divertida! Moitas gracias!! (Claudia Codesido 6ºB)
Actividade de sensibilización
Poñéndonos na pel das persoas invidentes comprobamos aos grandes retos cos que enfrontan día a día, e a naturalidade con que o fan.
Datchball 23
Segundo curso que ponemos en práctica está UD chea de motivación e dinamismo. O éxito está garantido.