Ed. física

A visita dos xogadores do Basket Coruña

Aquí tedes un pequeno vídeo dos mellores momentos da visita que realizaron ao noso Centro o día 19 de novembro.

Actividade lúdica de judo

Os días 26 e 27 viñeron ao Colexio Alex e Juan profesores de judo que moitos xa coñecedes. Nesta ocasión a idea foi a de promocionar, unha vez máis, unha práctica deportiva que conta con moitos beneficios recoñecidos, e ademáis inculca importantes valores deportivos e sociais. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o obxectivo desta iniciativa. Continuaremos achegando a todos a posibilidade de coñecer diferentes disciplinas deportivas.

XOGOS POPULARES A CAPELA 4ºA

Este mércores 15 de maio, a clase de 4º A foi visitar o CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS, que está no CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO, A Capela.

Estivemos xogando e compartindo experiencias con Xabier, o seu mestre de E.F, e coa súa clase de 3º primaria, que fixeron de mestres e mestras estupendamente.

Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo ao que xogamos!!!!

 

CONCURSO DE GIMNASIA ARTÍSTICA 4º PRIMARIA

QUIERES VER NUESTRO CONCURSO DE GIMNASIA???

ENTRA EN EL BLOG:

"COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Fase Provincial de campo a través

O sábado 16 de febreiro o equipo alevín feminino e Anxo na categoría alevín masculina participarán nesta importante xornada deportiva. Podedes consultar as normas da proba AQUÍ

Na Intercomarcal de Campo a Través

Hoxe sábado participamos cos alumnos-as de 3º e 5º de primaria (benxamíns e alevíns). Os resultados foron excelentes, xa que o equipo alevín feminino quedou segundo e correrán no campionato provincial, ao igual que Anxo, ao que a súa sexta posición na carreira otórgalle o dereito a participar na seguinte proba. As nenas e nenos benxamíns fixeron unha vez máis unha estupenda carreira na que derrocharon esforzo e ilusión. Norabóa campións.

Fase Intercomarcal de Campo a Través

Será o sábado 26 de xaneiro en Acea da Ma. Se clasificaron os equipos benxamín feminino e masculino, alevín feminino e Anxo de 5ºEP. Picade aquí para ver as normas desta xornada.

Xornada comarcal de campo a través.

O sábado 12 de xaneiro arredor de coarenta alumnos-as do Colexio participaron na segunda xornada comarcal de campo a través enmarcada no Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Unha proba que require gran esforzo e superación persoais. Norabóa aos participantes.

Campo a Través 2012-13

Facendo clic na imaxe podedes cosultar todos os datos relacionados coas carreiras do vindeiro 15 de decembro na Torre.

Powered by Drupal - Design by artinet