Ed. física
Valores no deporte
Dentro das actividades que promovemos no colexio para o fomento dunha vida saudable e activa, levamos a cabo a elaboración deste vídeo que conta coa colaboración do alumnado de 6ºEP, as familias, monitores e profesores, xa que cada quen tivo que grabar a súa participación elixindo a palabra que consideraba máis axeitada. O resultado é esta montaxe tan motivadora. A idea sacámola dun vídeo do CSD.
Actividade física e conciencia social
Onte, 4 de decembro de 2017, no colexio, os nenos de 5º de primaria puideron realizar unha actividade en educación física que levou a cabo Adrián Devesa, o noso profe de prácticas. Tratábase de meterse no corpo dunha persoa cega e as actividades que realizan. Nos fixemos dúas actividades: na primeira tivemos que tapar os ollos e facer grupos de tres, a actividade que tíñamos que facer tratábase de tirar unha pelota que dentro contiña uns cascabeis e tíñamos que escoitar e collela. A segunda tratrábase de taparnos os ollos e de ir con un bastón camiñando facendo un circuito sen axuda de ninguén. Foi unha moy boa experiencia!
Enma Buján Mouriño 5ºA.
Atletismo en INEF (novembro 2017)
El alumnado de sexto participamos, en las pistas de atletismo del INEF, en la actividad final de la unidad didáctica de atletismo. Al llegar las visitamos y hablamos de todas las partes que tiene una pista de atletismo. Después hicimos nuestra mini-olimpiada. Esta constaba de cinco pruebas: correr 40 metros lisos, hacer salto de longitud, hacer carreras de relevos de cuatro corredores, cada uno hacía 40 metros lisos, hacer lanzamiento de peso y por último correr 1.000 metros como prueba de resistencia. Sin duda que ahora sabemos bastante más del deporte del atletismo.
Alba Díaz 6ºA
Os de 5º facendo o Camiño
O luns 22 de maio foi a data elixida neste curso para realizar esta 12ª edición da actividade Ecolares no Camiño. Nesta ocasión Turismo de Melide quiso deixar constancia da nosa visita no seu espazo web.
Almorzos con beizos brancos
É o nome da campaña que desenvolve a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias coa axuda da Obra Social La Caixa, e na que participamos co alumnado de 5ºEP, para continuar o traballo de aprendizaxe e concienciación do alumnado no ámbito das actividades e hábitos de vida saudables. Neste caso, o almorzo saúdable e con produtos da terra, foi o eixe da actividade. Despois dunha charla cunha nutricionista o alumnado puido degustar unha merenda-almorzo a base de leite, cacao, mel, pan, aceite de oliva e mandarinas.
Charlas saudables
A Asociación Española de loita contra o cancro colaborou con nós, impartindo unhas charlas para todo o alumnado de 5º e 6º de primaria, promocionando os hábitos de vida saudables, especialmente a actividade física e a alimentación.
Atletas por un día
Como cada ano, terminamos a UD de atletismo co alumnado de 6ºEP, realizando unha actividade nas pistas de atletismo da UDC, na que o alumnado pon en práctica o traballado nas últimas semanas nas clases de EF.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »