Ed. física
MINI OLIMPIADA 2020
O COVID non deixou que puidésemos culminar a UD de atletismo nas pistas de Elviña da Universidade, como viña sendo tradición. Igualmente fixémolo no patio do colexio e non quedou tan mal, verdade?
Celebramos o Día da Educación Física na casa
Non puido ser, estaba todo organizado para acudir a María Pita en compañía de 500 escolares de 10 centros educativos, da UDC e varias entidades deportivas. Pero non quixemos perder a oportunidade de celebralo e reivindicalo dende as nosas casas, e para iso contamos coa colaboración de case todo o alumnado de 6ºEP.
#Quedanacasa: +propostas saudables
Proposta dos compañeiros do CEIP S. Pedro de Visma.
TÁBATA: Ideal para casa. Es un sistema de entrenamiento, con varios ejercicios y con poca recuperación entre los mismos. El nivel lo pone cada uno-a. Hay muchos vídeos.
Mini-Olimpiada con sexto
Un curso máis e no mes de novembro rematamos a unidade didáctica de iniciación ao atletismo nas pistas da UDC de Elviña. Pasámolo xenial, correndo , saltando e lanzando, todos xuntos nun entorno moi profesional. Aquí tedes unha mostra.
Con quinto no Camiño
Un fermoso día de primaveira acompañounos este venres 24 de maio pola nosa ruta Furelos - Ribadiso do Camiño de Santiago. Deixámosvos algunha das imaxes da xornada.
Día da Ed. Física na rúa
Por segundo ano consecutivo participamos nesta iniciativa a nivel nacional, que busca o apoio para aumentar o horario de educación física e apostar por modelos de vida activos e saudables. Este ano o lema EVA (estilo de vida activo) foi o lema da xornada. Aquí tedes unha mostra das imaxes da xornada celebrada en María Pita, así como a súa repercusión nos medios de comunicación.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »