Ed. física

Finalizou a UD de Atletismo

Cunha xornada pre olímpica nas pistas de atletismo do Campus de Elviña, finalizamos a unidade didáctica. Salto de lonxitude, lanzamento de peso, velocidade, relevos, resistencia,... unha xornada para disfrutar da actividade física en grupo, e nun entorno diferente e motivador.

Xornada de promoción do balonmán

Neste inicio de curso 2014-15, contamos coa colaboración do clube OAR CORUÑA de balonmán para animar ao alumnado a practicar este deporte. Borja e Hugo, xogadores e monitores, realizaron unha sesión práctica co alumnado de 2º a 6º de primaria.

Final do Campionato de balonmán

Por segundo ano consecutivo o alumnado de sexto realizou no terceiro trimesre, a unidade didáctica de Educación Deportiva na especialidade de balonmán. O mércores 28 de maio fixemos a final do torneo entre as dúas clases e nos acompañaron na festa deportiva o alumnado de 3º, 4º e 5º. Norabóa pola participación e o compromiso.

Un día con quinto no Camiño

Por fin o martes 3 de xuño realizamos o tramo do Camiño Francés entre Furelos e Ribadiso. Día espléndido para camiñar, peregrinos de moitos lugares do mundo e a nosa intensa paixase contemplándonos paso a paso.

Actividade de ciclismo

O 28 e 0 30 de abril disfrutamos na clase de educación física da presencia de Gonzalo Rabuñal, ex ciclista profesional galego, con participacións en moitas probas internacionais, entre as que destacan a Volta a España e o Giro de Italia.

Mostrounos aspectos de seguridade, técnicos, de vestimenta, curiosidades, en fin, un montón de cousas sobre o mundo do ciclismo.

SAÍDA A CAPELA

O xoves 23 de xaneiro, os alumnos/as de 2º A visitamos o CEIP Monasterio de Caaveiro na Capela. Xabier mestre de E. Fisica explicounos as actividades que iamos facer durante a mañá. Alumnos/as de 1º ciclo do colexio da Capela foron os encargados de dicirnos como tiñamos que facer nas distintas actividades. Fixemos  o recreo todos os  alumnos/as  e aproveitamos para coñecer outros xogos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet