Canle en YouTube

A entrevista: Pablo Díaz e Olga Kirk.

O luns 20 de xuño de 2016, Pablo Díaz  eOlga Kirk acudiron ao centro a homenaxear a Manuel María, estiveron acompañados por nenos da A.C. Donaire e do colexio. Ademáis contamos coa presencia de Alberte Ansede, secretario da casa Museo Manuel María.

Antes da homenaxe os nenos e nenas de 6º de primaria fixéronlles unha pequena entrevista. En breve estará á vosa disposición a homenaxe a Manuel María. Mentres disfrutade da entrevista destes dous artistas cos que temos a sorte de poder contar.

 

O xogo da Carrasquiña

Os nenos e nenas de 3 anos presentan este video do baile da Carrasquiña que traballaron con María, a súa mestra de psicomotricidade.

A disfrutar! Dá gusto velos!

 

Rúas coruñesas con nome de muller

O 8 de marzo é o día internacional da muller traballadora, no CEIP Juan Fernández Latorre consideramos que todo o ano debemos recoñecer ese traballo, por iso dende o EDLG do Colexio propuxemos a realización dun traballo interdisciplinar ao longo do curso.

Agora que xa rematamos, mostramos un recompilatorio de todo o traballo, lembrar que os nenos e nenas do laciño vermello xa vós ensinaron o seu traballo con motivo das Letras Galegas.

Agora tedes á vosa disposición o resto de traballos neste video.

Gracias a todas ás mulleres traballadoras do noso rueiro e, en especial, ás da nosa comunidade educativa.

Disfrutade das vindeiras vacacións de verán que ben merecedes un descanso.

Encontros con autores: Andrea Maceiras

O pasado 7 de xuño foi o derradeiro encontro con autores do curso 15/16, con Andrea Maceiras.

Veunos a falar e compartir experiencias da súa vida profesional e do seu libro Volverás, golfiño que traballamos en clase.

Helena, Pablo Liste e Candela foron os encargados de realizar  a entrevista. Agardamos que vós guste.

Festival das Letras Galegas 2016

Aquí tedes un pequeno resumo das actuacións do festival do alumnado de 2º a 6º de primaria. Os vídeos do festival dos máis pequenos están debaixo.

 

Homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas no colexio, os nenos e nenas do laciño vermello adicandelle este pequeno video en homenaxe a Rosalía, a escritora que iniciou o rexurdimento das nosas letras.

Lembramos que un 17 de maio foi publicado o seu libro Cantares Gallegos.

 

Viaxe espacial 5 anos

Nesta semana próxima á celebración do día das nosas letras, as mestras de educación infantil de 5 anos fixeron unha viaxe moi divertida cos seus nenos e nenas, os nenos aprenderon moitas cousas.

Agora a disfrutar deste video no que traballaron con moito cariño a oralidade da nosa lingua.

 

Encontro coa tradición en A Capela

Aquí tedes un resumo da actividade levada a cabo na Capela coa alumnado de 6ºEP. No vídeo utilizamos a técnica de chroma key, coa que estamos a traballar este curso, a proposta do EDLG.

Powered by Drupal - Design by artinet