Proxecto educativo

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - P.E.C.

SINAIS DE IDENTIDADE.

 

Este Proxecto Educativo do CEIP “Juan Fernández Latorre” de A Coruña consensuado  conxuntamente polo Claustro e Consello Escolar. Amósase nel o ideal educativo, as liñas comúns de actuación dende o compromiso colectivo que supón a súa elaboración conxunta, discusión e consenso. Pretendemos que sexa un marco real de referencia flexible e aberto no que se desenvolverá a práctica docente na que ademais se especifican aspectos de organización e xestión intimamente relacionados co modelo de educación que se pretende impartir.

É un documento que pretendemos que recolla tamén unha das características específicas do noso colexio como son a escolarización preferente de alumnado motórico co que levamos traballando dende vai moitos anos, así como a atención á diversidade.

. ·        O MARCO:Cremos que é un marco real porque se elabora dende a observación, a reflexión e a análise da realidade do Centro en canto a tipoloxía de alumnado que recibe, coas súas características xerais pero atendendo de forma permanente ás específicas; ó perfil do profesorado que imparte docencia no Centro; ós medios físicos e materiais; á participación e implicación das familias e sobre todo do APA e as propostas participativas do barrio no que estamos encadrados.

 

· O CENTRO COMO COLECTIVO: O compromiso colectivo supón a aceptación de cada un dos apartados por parte do profesorado quen adoitará  a súa metodoloxía e hábitos de traballo en prol de acadar os obxectivos educativos xerais e participar nas xuntanzas das diferentes comisións pedagóxicas e organizativas que se establecen en cada curso coa fin de garantir a continuidade e estabilidade dunha liña de acción e actuación deseñada e dar coherencia ó conxunto de múltiples actividades do centro.

 

·    UN CENTRO FLEXIBLE E ABERTO: Pretendemos que sexa  un documento flexible e aberto en canto que se poderá revisar e modificar no momento que os membros da comunidade educativa o consideren necesario ou que se suscite calquera tipo de problemática nalgún dos seus apartados. Ó tempo o colectivo a través, fundamentalmente, da Comisión de Coordinación Pedagóxica e do Dpto de Orientación, ó longo de todos os cursos vai revisando, analizando  ou incorporando algún capítulo que nos axuda a acadar un plan de acción global, organizado e actualizado.

 

·  PROMOCIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS: Tras a decisión de optar pola xornada continuada en horario de mañá consideramos imprescindibles a adopción de medidas para favorecer a utilización do centro para actividades complementarias, lúdicas e de formación. Así en colaboración co Concello e con outras entidades o centro oferta un proxecto de actividades extraescolares todos os días en horario de 16:00 a 19:00 horas que son atendidas por monitores e educadores especializados.

Asemade pensamos que o coñecemento do contorno e a necesidade de ofrecer ó noso alumnado diversas posibilidades e ofertas educativo formativas lévanos a favorecer as saídas do centro. Impúlsase a participación en diferentes programas e visitas de tipo musical, teatral, educación vial, educación medioambiental, museísticas…

 

CONTEXTUALIZACIÓN.

 

O CEIP “Juan Fernández Latorre” está ubicado no concello de A Coruña, no barrio do Castrillón-Urb. Soto, un barrio da contorna da cidade , cunha formación un tanto anárquica e algo desestructurada, con accesos en periodo de transformación, e que están a mellorar bastante nos últimos anos.

No periodo 88 – 90 producese un forte impulso na creación de vivendas, e a Consellería de Educación accede á construcción do Colexio. Na primaveira do 1992, a Delegación Provincial autoriza ós alumnos da zona, desperdigados en diversos centros máis ou menos amplios, a que poidan reservar praza no que será o novo centro do Castrillón.

Posteriormente e por unha Orde do 19-02-93 e a proposta do Consello Escolar, ó centro asinaselle o actual nome de Juan Fernández Latorre, fundador do xornal “La Voz de Galicia” e alcalde do Concello de Santa Mª de Oza quen o integrou no Concello de A Coruña.

Na actualidade o barrio está de novo a experimentar un forte crecemento a nivel urbanístico e poboacional que o están a converter nunha das zonas cun importante fluxo de nenos/as en idade de escolarizar.

A infraestructura de servicios sociais na zona estase tamén a completar coa renovación e ampliación da Biblioteca Municipal e do Centro Social ademais da construcción do polideportivo e a piscina climatizada (inaugurados ambos en decembro de 2022).

O perfil sociolóxico-cultural das familias que integran o centro así como as influencias e modelos lingüísticos das mesmas está recollido no documento PEC do centro e son froito de enquisas realizadas no seo das nosas familias.

Asemade existen enquisas realizadas para coñecer os niveis de intregración, coñecemento e satisfacción das familias, resultados os cais resultaron ampliamente satisfactorios para o conxunto da nosa comunidade educativa.

PLANS DO CENTRO. 

 - PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO (PEC)

- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (PAT)

- PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

- PROXECTO LINGÜÍSTICO

- PLAN DE CONVIVENCIA

- REGULAMENTO DO COMEDOR

- PLAN DE IGUALDADE

- PLAN DIXITAL 23-24

- PLAN DE LECTURA 23-24

- PLAN DE BIBLIOTECA 23-24

- PLAN DE ACTIVIDADES FÍSICO SAUDABLES 23-24

- PLAN DE TRABALLO DO COORDINADOR DE BENESTAR EMOCIONAL E CONVIVENCIA 23-24

 

PROGRAMACIÓNS 23/24

CONCRECIÓN CURRICULAR
4º ED. INFANTIL
5º ED. INFANTIL
6º ED. INFANTIL
1º ED. PRIMARIA
2º ED. PRIMARIA
3º ED. PRIMARIA
4º ED. PRIMARIA
5º ED. PRIMARIA
6º ED. PRIMARIA

 

Powered by Drupal - Design by artinet