Actividades
Tempo de magosto
Vai chegando o tempo do MAGOSTO . No colexio celebrarémolo o venres 15, asando as castañas no centro. Para iso, necesitamos a vosa colaboración: Pedímosvos que, a partires do luns 11, cada neno/a traia un pouquiño de leña e un puñado de castañas adentadas (cun pequeno corte para que non estoupen ao asalas). E se facedes unha caixiña para elas, xa sería estupendo!
No cartel atoparedes toda a información necesaria sobre a organización e curiosidades desta celebración tan especial.
Ademais, se queredes xogar con algunhas adiviñas sobre o magosto/outono, só tedes que facer clic nesta ligazón.
SAMAÍN 2024
LETRAS GALEGAS 2024- LUISA VILLALTA
RECURSOS
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Luisa Villalta o Día das Letras Galegas.
Deixámosvos diferentes páxinas con recursos educativos para traballar a súa figura (vida e obra).
- Blogue da biblioteca: Genially con recursos e calendario.
- Seminario Galán: recursos en papel, xogos interactivos, escolma de textos, paneis de robótica...
- Primavera das Letras: Nesta web a Academia ofrece Violino, Inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta, unha historia de Xoán Babarro e Ana María Fernández ilustrada por Óscar Villán, así como actividades interactivas ou fichas para colorear.
- O Portal da Lingua Galega
- Real Academia Galega: Podedes encontrar unha sección dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, na que reúne distintos contidos divulgativos sobre a súa vida e a súa obra. Entre eles destacan a serie documental web Luísa Villalta, a rebelión da palabra, seis episodios nos que máis dunha vintena de voces trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa á que a institución lle dedica o vindeiro 17 de maio; e a biografía da homenaxeada.
- Fiestras abertas ("Papagaio")
- Cruel filosofía ("As palabras ingrávidas")
- Guía didáctica proporcionada polo concello de Sada: Inclúe actividades e roteiros pola Coruña e Sada traballando a súa figura.
- Canción: Nas ás dun poema- Uxía
XIV CONTOS COMPARTIDOS
CONTOS COMPARTIDOS 2024 de Raquel Martínez
CINTAS DE CORES CON MENSAXES
LETRAS GALEGAS 2024 de Raquel Martínez
REVISTA AQUELARRE
DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1 DE ABRIL
Achéganse uns recursos elaborados en colaboración con outros centros para a conmemoración do Día das Artes Galegas, este ano adicado a Francisco Asorey, por se vos poden interesar para traballar na aula.
- Actividades interactivas en formato Genially
- Actividades para descargar en formato pdf.
ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA
DIA DE ROSALÍA de Raquel Martínez
Achéganse tamén uns recursos elaborados en conxunto con outros centros para a celebración do Día de Rosalía, por se vos poden interesar.
- Cartel en tamaño A4 e recursos para infantil e primaria do Día de Rosalía 2024 en formato PDF.
- Ligazón con recursos para infantil e primaria do Día de Rosalía 2024, formato Calameo.