Os soños na Gaiola
Actividades 8M -"Día Internacional da Muller"
Este ano, para celebrar o Día Internacional da Muller, propoñémosvos que elixades algunha muller e traballedes un pouco a súa vida . Nesta ocasión, contaremos con mulleres relacionadas coa ciencia. Remexede, investigade, e lembrade que hai moito que dicir "con M de Muller". Na primeira páxina, co seu nome de cor malva, están as que teñen vídeos para o alumnado máis noviño.
Deixámosvos tamén uns vídeos que teñen que ver con este Día Internacional da Muller.
Por último, se desexades, podedes intentar descubrir de quen falamos na seguinte actividade, coas pistas que damos. Ánimo!
Estrea do Blog da Biblio
A nosa biblioteca "Os Soños na Gaiola" estréa BLOG. Un lugar onde atoparedes toda a actualidade e información da nosa biblio, e ademáis podedes consultar, guías, cadernos, propostas, vídeos, etc, en fin, todo o traballo de animación e divulgación destes últimos anos. Teredes un enlace permanente no menú da Biblioteca, na dereita desta páxina. Parabéns a Loli e ao seu equipo polo traballo realizado.
DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Ola, rapaces e rapazas!
Aquí iremos colocando as vosas achegas despois de recibir a mochila viaxeira na vosa casa.
Moitas grazas por todo o que compartides.
Unha aperta moi forte de Contabruxa (que como é máxica pode bicar e dar apertas sen medo ao coronavirus).
Lucía de 4º B manda isto:
Moitas, grazas, Lucía!
ADA, de 4º B envía isto:
E IRENE A, de 4º A manda:
Agora, Jorge, de 2º A achéganos unha opinión sobre un dos libros:
MOITÍSIMAS GRAZAS!
Temos unha nova aportación, a de Arianna, de 2º A.
E agora, Alejandra, tamén de 2º A manda isto:
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Este ano non temos espazo físico para encontrarnos na Biblioteca, pero facémolo a través da web.
Queremos que nos teñades presentes e que non esquezades que aquí estamos, celebrando hoxe o Día das Bibliotecas.
Selección de libros "de medo" para ir ambientando o tema do Samaín.
LENDO NO SAMAÍN. QUEN DIXO MEDO?
Recolleita de videocontos (que iremos aumentando pouco a pouco). VIDEOCONTOS
Obradoiros nas aulas de marcapáxinas para celebralo. Todos estaban moi, moi ben, pero houbo que elixir tres para entregar ao alumnado.
Aquí tedes os elixidos.
Grazas a todos e todas por participar!
Puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras. Irán máis despaciño que outros anos, pero chegarán igualmente ás
casas. Boa andaina!
Boa viaxe, mochilas!
Feliz Día das Bibliotecas!
ANIMACIÓNS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
Aínda que non poida ser de maneira presencial, desdo o Consorcio Editorial Galego mándannos estas dúas animacións lectoras para que disfrutemos canto poidamos con elas.
Papabuis. Con Luis Vallecillo
Celtia Figueiras coa "toupiña".
A NOSA HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa por facernos chegar toda esta manchea de palabras para poder elaborar esta presentación a modo de libro. Agora temos este “Tesouro” que serve para contribuír a enriquecer o noso vocabulario, recuperar palabras esquecidas dos nosos maiores para que non desaparezan e, por suposto, un recurso que poder utilizar nas aulas e actividades futuras que fagamos.
Temos que coidar unha lingua que nos diferenza, que nos representa e que nos fai sentir orgullosos.
Como sorpresa e agradecemento pola vosa participación, deixámosvos dous xogos sobre Ricardo Carvalho Calero para que xoguedes en familia.
Moi agradecidos por tanta colaboración!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!
RICARDO CARVALHO CALERO PARA PEQUENOS
Anímaste a cubrir este cuestionario sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, RICARDO CARVALHO CALERO?
FELIZ DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR!
Neste Día do Libro, deixa voar a imaxinación. Mergúllate nun libro e voa! FELIZ DÍA DO LIBRO!
(Preme no recadro superior dereito.)
Accede a numerosos recursos:
CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE
LECTURAS "LOQUELEO" (Mirade que fai Violeta Monreal!)
HISTORIA CON LIBROS (Deputación Provincial da Coruña)
NO DÍA DO LIBRO, SANTILLANA COMPARTE LECTURAS
A editorial Santillana pon á nosa disposición unha serie de recomendacións lectoras e de curtos vídeos nos que diferentes autores len pequenos textos. Indican tamén días e horas nas que van ler outros. Para acceder só tedes que premer aquí: LOQUELEO
Feliz Día do Libro!
2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL. AXÚDASNOS A CONTAXIAR A LECTURA?
Como en anos anteriores, o 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Faise conmemorando a data de nacemento de Hans Christian Anderse, autor de numerosos contos infantís como "O Parruliño feo", "A princesa e o chícharo", "A Sereíña", "O soldadiño de chumbo" e moitos máis.
O obxectivo desta celebración é fomentar a lectura infantil e xuvenil a través dos moitos bos libros que hai destas etapas.
Cada ano, un país se encarga de elaborar o cartel e a mensaxe deste día. Este ano, foi Eslovenia, cunha mensaxe de Peter Svetinai, ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) facilítanos a traducción ao galego que fixo o escritor Héctor Cajaraville.
Desde o Equipo de Biblioteca queremos propoñervos que para axudar a facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos e todas que temos que estar na casa, nos fagades chegar o seguinte:
- Unha foto ensinando a cuberta dun libro que vos guste moito.
- Un pequeno vídeo recomendando unha lectura (e ensinándoa, claro).
Esperamos as vosas achegas.
Apertas lectoras.
E... xa chegan voando recomendacións. Moitísimas grazas!!
Premede en cada neno/a que está na casa e veredes a súa achega.
Premede abaixo á dereita (primeiro, nos puntiños e despois nas dúas frechiñas) para ver a pantalla completa.
Moi bo traballo!!