2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL. AXÚDASNOS A CONTAXIAR A LECTURA?
Como en anos anteriores, o 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Faise conmemorando a data de nacemento de Hans Christian Anderse, autor de numerosos contos infantís como "O Parruliño feo", "A princesa e o chícharo", "A Sereíña", "O soldadiño de chumbo" e moitos máis.
O obxectivo desta celebración é fomentar a lectura infantil e xuvenil a través dos moitos bos libros que hai destas etapas.
Cada ano, un país se encarga de elaborar o cartel e a mensaxe deste día. Este ano, foi Eslovenia, cunha mensaxe de Peter Svetinai, ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) facilítanos a traducción ao galego que fixo o escritor Héctor Cajaraville.
Desde o Equipo de Biblioteca queremos propoñervos que para axudar a facer medrar a maxia da lectura e contaxiala a todos e todas que temos que estar na casa, nos fagades chegar o seguinte:
- Unha foto ensinando a cuberta dun libro que vos guste moito.
- Un pequeno vídeo recomendando unha lectura (e ensinándoa, claro).
Esperamos as vosas achegas.
Apertas lectoras.
E... xa chegan voando recomendacións. Moitísimas grazas!!
Premede en cada neno/a que está na casa e veredes a súa achega.
Premede abaixo á dereita (primeiro, nos puntiños e despois nas dúas frechiñas) para ver a pantalla completa.
Moi bo traballo!!