Tradicións
NA FESTA DO MAGOSTO 15/11/24
O tempo acompañounos na celebración da festa das castañas, o Magosto, promovido polo EDLG do colexio. Grazas a colaboración de familias, profesorado e AFA organizamos esta tradicional actividade na que este curso recuperamos a o asado tradicional da metade das castañas e dúas fogatas, e o resto nun forno externo. O produto estaba delicioso e boa mostra de isto e que non sobrou nin unha castaña. Grazas a todos-as.
O SAMAÍN DO NOSO COLE
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do Fdez Latorre o seu apoio e participación masiva nesta emblemática celebración do tradicional Samaín.
A Festa do Magosto
Chegando San Martiño e como é tradición celebramos o magosto no colexio, con algúns cambios debido á omnipresente choiva. Participou todo o alumnado cos fermosos cartóns porta castañas decorados, saboreando este froito que trouxeron eles mesmos e asamos entre o cole e unha empresa externa, debido a choiva. Tamén houbo batidos e música e baile, coa actuación da rapazada de Donaire.
Festa de Samaín
31 de outubro no Barrio do Castrillón de A Coruña, é sinónimo de gran festa no colexio. Grazas a toda a comunidade educativa, que coa súa máxima implicación acadamos cada ano, con gran éxito, o obxectivo de poñer en valor o SAMAÍN como festa tradicional. Ademáis contando coa axuda e colaboración da AAVV IAR e a participación da EEI Carricanta. Grazas a todas e todos por uniros á celebración un curso máis!.
Voltamos co MAGOSTO!!
Aínda que non puidemos voltar a unha normalidade que permitira que as familias participaran directamente na actividade, realizamos unha festa de magosto un pouquiño diferente coa presencia dun castañeiro que traballou duro para surtirnos de castañas a todas e todos. Como veredes no vídeo foi unha xornada festiva na que disfrutamos moito, e ademáis acompañados polo tempo.
Ao final, houbo MAGOSTO!!
Logo de varios días de choiva, hoxe non sería menos, pero arriscamos e gañamos todos-as. Houbo que protexer as castañas e o lume duns chubascos mañaneiros, pero ao final co o alumnado no terreo o sol decidíu acompañarnos, igual que moitas familias e coma sempre Donaire cos seus peques. Gracias un ano máis a todos e todas pola participación e colaboración. Manteñamos as nosas tradicións!.