Recomendámosche

LENDO NO SAMAÍN. QUEN DIXO MEDO?

Vai achegándose o Samaín, tempo de historias de "medo". Aínda que o COVID 19 quere amolarnos nesta celebración, nós nos lle imos deixar. Quen dixo medo?

Deixámosvos aquí algúns libros na nosa Lingua, moi axeitados para esta celebración. Ao mellor incluso axuda a algunha familia a elixir un conto para a ACTIVIDADE proposta desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Aquí tedes tamén unha pequena selección de textos en castelán.

XORNAL O PAPAGAIO

Moi boas a todos e todas! Aquí está de novo o xornal "O Papagaio".

Como por culpa do coronavirus vai ser difícil lelo no papel, poñémolo aquí a disposición de toda a Comunidade Educativa.

Animarvos á súa lectura! É moi, moi interesante! Pica na imaxe e xa verás!

OUTUBRO 2020

VERÁN 2020: TEMPO DE LECER, TEMPO DE LER

Xa está aquí o verán. As vacacións despois deste tempo tan raro que nos tocou vivir.

É un bo momento para aproveitar todo o que os libros nos poden ofrecer, por iso aquí tedes unhas pequenas recomendacións por se vos poden axudar.

A Biblioteca Municipal tamén quere poñer á nosa disposición a súa guía. Graciñas!

GUÍA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Podedes elixir, que hai moito e moi bo.

Moi bo verán e que pasedes un moi bo tempo lector!

O PAPAGAIO. AGORA DIXITAL

Neste tempo de #quedamosnacasa, o xornal O Papagaio achégase a nós xenerosamente en formato dixital. Para acceder a el só tes que premer no seu nome.

O PAPAGAIO ABRIL 2020

O PAPAGAIO MAIO 2020

OUTROS "O PAPAGAIO"

 

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE

Biblos Clube de Lectura propón a lectura dun conto despois de rematar cos aplausos a todas as persoas que están axudando de maneira máis directa neste momento de coronavirus. Como os aplausos son ás oito, ofrécennos "contos para despois das oito e vinte" para que nos dea tempo a ter rematado de aplaudir, lavar as mans e sentarnos a escoitar unha historia para despois cear tranquilos e tranquilas.

Aquí iremos poñendo todos os que conten.

Dámoslles as grazas polo seu esforzo en achegarnos a lectura.

Pica no conto que queiras. E pasa de páxina premendo na frecha da dereita. E, se queres pantalla completa pica nos tres puntiños que hai na parte inferior dereita e dálle á dobre frecha.

 

CONTO DE BRUNO E A SÚA NAI

Tempo de quedar na casa, pero non de esquecer a lectura. Mirade que conto nos contan Bruno, de 1º A de Primaria e a súa nai. Xa que non puideron vir contalo á escola, cóntanolo desde a casa. Graciñas e parabéns pola lectura.

CANLE KALANDRAKA TV. CONTOS CONTADOS

Neste tempo no que hai que estar moito na casa, propoñemos a canle de Kalandraka Tv, a disposición de todos e todas, na que cada día van subindo un novo conto contado por alguén relacionado co mundo da educación e da literatura.

Animádevos a exploralo.

                                       

         CONTOS EN GALEGO                                                                                   CONTOS EN CASTELÁN

GUÍA LECTURAS NADAL 2019

O Nadal é unha moi boa época de ler algún libro. Deixamos aquí unha  guía cunha pequena sinopse de cada texto. Hai moitos máis, pero queremos compartir estes con vós.

Ah! A Papá Noel como aos Reis Magos encántalles a lectura, así que podedes pedirlles algún agasallo en forma de libro que estarán moi contentos traéndovolo. Podedes dicirlles tamén que pregunten nas librarías da zona, porque se cadra, poden collelos nelas e xa non teñen que vir cargados desde moi lonxe.

Picade na imaxe e teredes maior información de cada libro.

 

Boas Festas e Moi Feliz Aninovo!

 

 

Aquí tedes tamén o arquivo do folleto que se entregou ao alumnado:

 

 

LECTURAS PARA O SAMAÍN

Achégase o Samaín. Aquí tedes unha pequena mostra de posibles lecturas que "dan medo". Atrévete a abrir algún destes libros e...

Powered by Drupal - Design by artinet