Escolares

Corre, corre cabaciña

Ola a todos e a todas:
Este mércores 31 de outubro coa celebración do Samaín, tivemos un conto moi especial na biblio: CORRE, CORRE CABACIÑA.
Pablo, Sol, Loló, Diego e Loli fixeron unha magnífica representación do conto e nolo fixeron pasar xenial.
Grazas por vir á biblio a disfrutar connosco e cos libros.
Deixámosvos unha montaxe das fotos do día do conto para que disfrutedes outra vez.

Simulacro de Evacuación

O venres 23 de outubro fixemos o simulacro de evacuación. O plan de autoprotección do Colexio indica a celebración dun simulacro anualmente.

Este curso o realizamos aproveitando a realización da Semana da Prevención no barrio, concretamente no Centro Cívico do Castrillón. Grazas a esta situación contamos coa presencia dos bombeiros da Coruña que ademáis de participar activamente emitiron un informe sobre todos os aspectos relacionados co simulacro, destacando a rapidez - 2 minutos 50 segundos-  e a ausencia destacada de erros. Sen dúbida e xusto agradecer a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente a súa colaboración no correcto cumprimento das normas  de evacuación.

Semana da Prevención

  Durante a semana do19   ao 23 de outubro gran parte do alumnado do colexio participa nesta campaña de prevención en casos de emerxencia.

O alumnado de 3, 4, 5 anos e 1º , 2º e 5º de primaria participaron  dunha amena charla, dunha película e logo poideron ver e tocar os vehículos e ferramentas que utilizan os bombeiros.

Ademáis recibiron unha serie de agasallos por parte da organización da actividade.

Lembrade, " máis vale prevenir que lamentar"

Powered by Drupal - Design by artinet