Taboleiro
Portas de entradas e saídas
O mércores 11 iniciamos as clases ás 9h, así que queremos compartir con vós o documento adxunto onde explicamos as portas correspondentes a cada curso e nivel para entradas e saídas. Tamén hoxe os titores poñeranse en contacto coas familias para presentarse e indicar o grupo correspondente a cada alumno-a.
Material escolar para o curso 24-25
Nos seguintes enlaces podedes consultar as diferentes listaxes de material escolar decididas polos equipos docentes de cada ciclo:
CURSO 24-25
Ola a todas e todos. Estamos de volta traballando na organización e planificación do novo curso. Damos a benvida a todas e todos, en especial a todo o alumnado e familias de nova incorporación , así como ao novo profesorado.
Como sabedes o mércores 11 comezamos as clases ás 9h. Dende hoxe o profesorado xa ten definida a súa titoría ou especialidade que podedes consultar. Nesta semana publicaremos na web as listaxes de material escolar para cada curso de primaria, as de infantil xa quedaron publicadas en xuño. Seguindo as NOF do Colexio fixemos novos agrupamentos en 1º, 3º e 5º de primaria, e o 9 de setembro os/as titores-as, de cada curso enviarán unha mensaxe de benvida as familias indicando o curso, grupo e aula na que estarán ubicados-as, para que o primeiro día non teñades problemas nin desconcerto.
Seguide atentos-as á nosa web para ter información actualizada acerca de todo o necesario para este novo inicio de curso
Final de curso 23/24
GRADUACIÓN E DESPEDIDA AO ALUMNADO DE 6ºEP
O venres 21 pola tarde organizamos o emotivo acto de despedida para a promoción 2015-2024. Desfrutamos de fermosas lembranzas en forma de imaxes e tamén discursos do alumnado e profesorado que fixeron saltar algunha bágoa de emoción entre familias, alumnado e profesorado. Dende aquí queremos desexarvos moita sorte!!
DÍA DA PAZ: Campaña de recollida de alimentos
O día 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz nos centros educativos. Queremos aproveitar para lanzar unha campaña de recollida de alimentos a favor da Cocina Económica de A Coruña. Do 22 ao 31 de xaneiro podedes deixar na entrada as vosas doazóns. (Facendo clic na imaxe tedes acceso á circular informativa).
Saídas no 2º trimestre
Xa podedes consultar as actividades complementarias confirmadas para este segundo trimestre.
FESTIVAL DE NADAL 2023
Despedimos o ano 2023 celebrando o Festival de Nadal no que participaron todo o alumnado e profesorado Deixamos acceso a todas as actuacións, a través dunha lista de reproducción, para que poidades disfrutar das diferentes e variadas representacións. Bo Nadal para todas e todos!!
Fotos Nadal 23 de Pablo Rey
Comezan as primeiras actividades conxuntas en Brotes Verdes
O pasado martes día 19 coñecemos aos coles participantes no proxecto Brotes Verdes. Fixémolo por medio dunha videochamada na que compartimos vídeos de presentación de cada un dos centros. Deste xeito puidemos coñecer os espazos de xogos e os hortos escolares que hai noutros colexios e puidemos obter algunha idea para poder aplicala ao noso centro.