Taboleiro
Lecerbot: O noso novo patio de recreo
O venres 8 de febreiro estivemos de estrea. O equipo de profesores de Voluntariado Miúdo - Plan Proxecta, coa colaboración de máis de 50 voluntarios-as de 4º, 5º e 6ºEP, puxemos en marcha esta ambiciosa e renovadora iniciativa, coa que pretendemos contar cun patio de recreo máis atento á diversidade e as relacións entre iguais, potenciando os diferentes intereses de ocio do alumnado, ao tempo que buscamos a súa implicación. Empezamos os venres, coa idea de extendelo a máis días no futuro. O certo é que foi todo un éxito de participación. Moitas gracias por facelo posible.
Por un patio máis inclusivo
Unha das novidades deste curso é a incorporación de accións de voluntariado co alumnado. Pois o venres 15 de febreiro daremos inicio á proposta más novedosa deste voluntariado. Darémoslle unha volta ao patio de recreo, e coa axuda dos voluntarios-as e parte do profesorado, poñeremos en marcha diferentes actividades de lecer durante o recreo, para que todo o alumnado teña a opción de elixir como pasar o tempo do recreo dun xeito diferente. Empezaremos cun día semanal, os venres, e na medida das posibilidades e a valoración dos resultados, o extenderemos a máis días.
Aquí tedes o logo da actividade (realizado por Candela de 6ºB), e todas as opcións e ubicación.
XOGOS DE SEMPRE | DÍANTE DA CASA DA CONSERXE | |
FÚTBOL | PISTA CUBERTA | |
XOGOS TRADICIONAIS | ZONA DOS CAMPOS DE BRILÉ | |
BALONCESTO | PISTA DESCUBERTA | |
XOGOS DE TABOLEIRO | NA ENTRADA DO EDIFICIO | |
ROBÓTICA | SALÓN DE ACTOS | |
A BAILAR | AULA DE INFORMÁTICA | |
XOGOS DE MODA | PATIO CUBERTO | |
XOGOS PARA INFANTIL | PATIO DE INFANTIL | |
BIBLIOTECA - BRAILLE | NA BIBLIOTECA |
Recadación do mercadillo solidario.
Finalmente o total de cartos obtido pola venta das vosas doazóns de xoguetes, ascendeu a 1300 €. Estes cartos entregáronse hoxe mércores 13 de febreiro á responsable da ONG Miradas al Mundo, que mostrou o seu agradecemento, e comprometeuse a enviarnos imaxes dalgún dos novos pozos de auga potable que se poderán facer a partir de agora, en diferentes aldeas de Guinea Bissau.
Moitas gracias a todas e todos polo voso apoio.
Comezamos co PROA
No marco da convocatoria de Contratos Programa da Consellería de Educación, está a iniciativa de PROA (Reforzo escolar fora de horario lectivo), que un curso máis ofertamos ao alumnado de 4º, 5º e 6ºEP. A mestra designada pola Administración será ata final de curso Claudia Martínez de la Iglesia. Como en cursos anteriores teremos tres grupos de nivel co seguinte horario:
- 4ºEP mércores e venres de 16h a 18h.
- 5ºEP martes de 16h a 18,30h e xoves de 16h a 17,30h
- 6ºEP luns de 16h a 18,30 e xoves de 17,30h a 19h.
Reparto de leite 2019
* O reparto de froita en maio será para todo o alumnado de infantil e primaria. Este curso non haberá reparto de leite en infantil.
Renovación da horta escolar
Queremos informarvos de que os traballos de renovación e acondicionamento na horta escolar está prácticamente rematados. Consistiron na ampliación dos bancales de cultivo, así como a súa elevación e instalación de riego automático. Pronto empezaremos o programa de cultivos e compost ecolóxicos, co alumnado.
Agradecemos aos profesores do curso de hortas ecolóxicas do Centro Municipal de Emprego o seu traballo e acompañamento na xestión da horta escolar.
Comeza o 2º trimestre
Benvidos ao 2019 e a este inicio do 2º trimestre do curso 18/19. Este trimestre abrangue dende o 8 de xaneiro ata o 29 de marzo, data na que entregaremos os informes trimestrais a todo o alumnado. Nesta semana publicaremos as saídas xa confirmadas para este periodo.Ademáis neste periodo agárdannos novidades como a posta en marcha de novidades no tempo do recreo, da que teredes cumprida información no seu inicio. Como non tamén será tempo de conmemoracións significativas como o Día da Paz, o Entroido ou Día da muller traballadora. Como sempre quedamos a vosa disposición a través das canles habituais. (entrevistas, titorías, consultas, etc)
Recollida de produtos para a Cociña Económica
Ata o xoves 20 de decembro podedes deixar as vosas doazóns na entrada do Colexio. Dende aquí animámosvos a colaborar dentro das vosas posibilidades, e ademáis a implicar aos vosos fillos-as nesta iniciativa que pretende promover xestos e actitudes solidarias. Moitas gracias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »