Taboleiro
Material escolar 20/21
Aqui tedes as listaxes de material para este curso. Lembramos que este ano non haberá entrega previa. O alumnado deberá traer o material e libros o primeiro día de clases, debidamente identificado.
- ED. INFANTIL (se utilizan mascarilla traer outra de reposto na mochila, nun sobre de papel)
- 1º ED. PRIMARIA
- 2º ED. PRIMARIA
- 3º ED. PRIMARIA
- 4º ED. PRIMARIA
- 5º ED. PRIMARIA
- 6º ED. PRIMARIA
Mensaxe das "Meigas do Castrillón" polas Letras Galegas
Chegounos este vídeo das nosas amigas as "Meigas do Castrillón". Xa as coñecedes, sempre visitan o colexio polo samaín, pero nesta ocasión, e como agora todo é algo diferente, quixeron mandar unha mensaxe de ánimo e felicitar a todos-as o Día das Letras Galegas que celebraremos este domingo. Moitas gracias, por acordaros de toda a comunidade educativa do Fdez Latorre.
QUEDAMOS NA CASA - Segunda quincena
Xa estamos na terceira semana de quedar en casa!!. Estamos algo cansados de non poder sair pero animados porque cada día queda menos para volver a vernos no colexio, no parque, na rúa... Dende aquí moito ánimo e forza para todos.E seguimos recollendo as vosas imaxes e aportacións, que sirven para amosar a motivación e coordinación que estades a levar a cabo estes días. Para mostra este increible vídeo que nos aportan as familias do lazo amarelo e a mensaxe de ánimo no vídeo do profesorado do colexio.
QUEDAMOS NA CASA
Ola alumnado e familias. Pasou a primeira semana de estar na casa e queremos darvos as gracias polo seguimento das normas e a vosa colaboración coas tarefas dos vosos fillos e fillas. Sabemos que as veces custa un pouco pero confiamos na vosa forza e ilusión para superalo co éxito. Polo cole todo moi baleiro e triste. O Concello avisou de que desinfectará todos os coles da cidade, non sei cando lle tocará ao noso.
De momento nada máis e déixovos algúnhas aportacións do alumnado dende as casas, e así dámoslle máis visibilidade e sirve para animarnos a todos e todas. Se queredes mandar unha aportación, unha mensaxe ou algo divertido, non dubidedes en facelo a través do correo do cole: ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.es
LAS VACACIONES DE LUCÍA from Mª Dolores Mantiñán Loureiro on Vimeo.
UN ENTROIDO CON MOITA MARCHA!!!
Foi este venres soleado do 21 de febreiro cando os 489 alumnos-as do colexio acompañados do profesorado e as familias demostraron todo o seu poderío. Aquí no seguinte vídeo e galería de imaxes podedes ver unha boa selección dos mellores momentos. Norabóa!!
ALBUM DE FOTOS
Despedida da compañeira Maribel
Este venres de Entroido, Maribel a "profe de inglés" dou por finalizada a súa carreira profesional. En nome de toda a comunidade educativa desexámoslle que disfrute moito desta nova etapa na súa vida. Grazas Maribel!!
Espinacas; plantar, recoller e comer
A finais do mes de setembro o alumnado de 4ºC plantamos espinacas na horta ecolóxica do colexio. Primeiro plantámolas, logo regámolas e despois quitamos as malas herbas. Pasaron meses e foron medrando, e agora que chegou febreiro aproveitamos un día de sol e saímos a recollela. Cada un de nós levamos unhas pouquiñas para casa. E fixemos pizza, ensalada, sopa, caldo, tortilla,...Que ricas!!! . (O alumnado de 4ºC)
Obras da pista terminadas
O luns 27 de xaneiro retiraron o valado de seguridade e xa puidemos estrear o pavimento da pista polideportiva cuberta, e polo tanto voltamos á normalidade en canto a entradas, saídas, recreos, etc. Agardamos un resultado satisfactorio desta nova superficie, aínda que xa temos detectado algunha irregularidade que provoca charcos que antes non existían. De todos os xeitos mantemos unha información fluida co Concello, a través do Servizo Municipal de Educación, e xa teñen coñecemento, como responsables da obra, de todo o relacionado coa mesma.
Inicio da actividade de REFORZA-T
O luns 20 de xaneiro comezan as clases desta actividade, antes chamada PROA, promovida pola Consellería de Educación e que desenvolverase polas tardes ata o remate do curso, . Consiste en clases de reforzo para o alumnado de 4º, 5º e 6ºEP. Os participantes son elixidos polos titores-as e o orientador do centro, agrupados polo nivel no que están escolarizados. Ao cargo destes grupos polas tardes estará unha mestra nomeada pola Administracción, Iría Mayo, que manterá unha coordinación fluida cos titores-as deste alumnado participante para acadar unha mellora tanto nos resultados académicos como nas dinámicas de traballo. Como coordinador deste proxecto estará Luis Seijas, orientador do Colexio.
Horarios dos grupos:
4ºEP: Mércores e venres de 16 a 18 h
5ºEP: Martes de 16 a 18.30 h e Xoves de 16 a 17.30h.
6ºEP: Luns de 16 a 18.30 h e Xoves de 17.30 a 19 h.
Segundo trimestre
Comezamos este trimestre con algunhas novidades. Nos vindeiros días inauguraremos un novo espazo da biblioteca situado na entrada do colexio, no que intentaremos crear un lugar de lectura orientado a novidades e a conmemoracións e temáticas diferentes.
Tamén agardamos que antes do 15 de xaneiro esté rematada a obra da pista polideportiva, e así volver a unha organización de actividades e recreos normalizada.
As saídas confirmadas deste segundo trimestre xa se poden consultar na web como no taboleiro.
Por último informamos de que o novo inspector asignado ao noso colexio é D. Elisardo López Varela.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »