Conmemoracións
DÍA DA PAZ
Outro 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a convivencia nas escolas. Este ano, e nun mundo onde aumentan as guerras e conflictos armados, faise máis necesario continuar, como durante todo o curso, cunha mensaxe clara en favor da non violencia, a solidariedade e a cultura de paz. Ademáis da recollida de alimentos en favor da Cociña Económica, fixemos múltiples actividades nas aulas, así como un mural colectivo, unha pegatina conmemorativa e un acto conxunto coa canción de Happening, "Alto el Fuego".
A Festa do Entroido
Tres anos despois voltamos co noso clásico festival de Entroido. Acompañados novamente polas familias, e así todos xuntos disfrutamos dos desfiles, bailes e xogos organizados polo profesorado e que neste curso tiña o MUNDO MÁXICO como tema central. Coa participación dos 450 alumnos-as, profesorado e "sientos e sientos" de familiares fixemos unha grande festa, divertida, entretida e variada, da que podedes ver un resumo no seguinte vídeo. Grazas pola participación e axuda a todas e todos!!
Conmemoración do Día da Paz
Despois de 3 anos retomamos retomamos otra das nosas clásicas actividades conxuntas, a conmemoración do Día Escolar pola Paz nun acto no patio e coa actividade do mercadillo solidario, este ano a favor de Cáritas da Parroquia Sta. María de Oza. Un mercadillo onde participan todo o alumnado e familias aportando e recibindo dun xeito máis solidario, e tamén dando unha segunda vida a xoguetes e libros. Moitas gracias pola participación, e cando teñamos a recadación final a publicaremos aquí: 1160€
Visita de Papá Noel e Festival de Nadal 2021
Finalizou o primeiro trimestre e chegou o Nadal!!. Quixemos celebralo da mellor das maneiras posibles e dentro das limitacións existentes. Coa colaboración da ANPA, conseguimos a visita de Papá Noel, a quen os máis pequerrechos do cole puideron entregar as súas cartas de desexos, foron o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria. Logo tivemos a oportunidade de celebrar un festival de nadal máis reducido e ao aire libre, no que disfrutamos de entretenidas e vistosas actuacións que podedes ver nos seguintes enlaces . Moitas gracias e BOAS FESTAS!!!
Na festa do Voluntariado Miúdo
Como colofón a nosa participación no proxecto de voluntariado, unha representación do alumnado do colexio participou na festa de final de curso na Cidade da Cultura en Santiago, xunto a outros centros de Galicia que durante o curso desenvolveron actividades de voluntariado. Dende a dirección do colexio queremos felicitar e dar as gracias a todo o alumnado que durante o curso participou como voluntario-a nas diferentes actividades realizadas, adicando unha parte do seu tempo na axuda aos demáis. E tamén ao profesorado que fixo posible esta iniciativa coa súa implicación. Noraboa!!
Festa fin de curso
Terminou o curso 18/19 coa Festa de Xogos de costume, unha actuación de teatro do Andamio para os peques de infantil e un espectáculo de acrobacias e risas a cargo de Circo Chosco para toda primaria.
Froita e voluntariado
As dúas semanas da froita terminan nestes inicios do mes de xuño. Este ano incorporamos esta actividade de alimentación saudable dentro do proxecto de Voluntariado Miúdo. O alumnado participante colaborou en diferentes tarefas como o reparto, a recollida de desperdicios no patio, a elaboración de carteis e por último a utilización dos restos de froita para elaboración de compost.
Conmemoramos o Día das Letras Galegas
Xornada de xogos tradicionais, onde os maiores ensinaron e axudaron aos máis pequenos na recuperación de xogos de sempre. Logo entrega de diplomas e premios para alumnado e familias participantes nos contos compartidos.
Gran éxito do mercadillo de xoguetes
Coa colaboración de todos-as realizamos unha vez máis esta actividade solidaria, nesta ocasión, para recoller fondos para a ONG Miradas al Mundo, que invertirá o recaudado no seu proxecto de pozos de auga potable en Guinea Bissau.
Logo de pasar todo o alumnado durante o luns e o martes, decidimos manter ata o xoves o mercadillo aberto pola tarde e o recreo, para que poidan seguir mercando as cousas expostas. Cando remate esta semana contabilizaremos os cartos reunidos e o notificaremos a través da web. Moitas gracias!!