Conmemoracións

Día da Paz - Carreira Solidaria

Xoves 30 de xaneiro, un curso máis, cita coa Paz, cita coa solidaridade. Participamos na convocatoria de Save the Children para axudar á infancia de Etiopía. Tamén fixemos unha lectura colectiva do libro "Seis Homes", a través da megafonía do Colexio e utilizando o soporte audiovisual das aulas. Xornada de festa e concienciación.

Celebramos o Nadal

Foi o venres 20 de decembro. Ao longo da mañán celebramos a chegada do Nadal con dous festivais no Salón de Actos. No primeiro participou o alumnado de infantil e 1ºEP, e no segundo o resto. Tivemos un pouco de teatro e moito de música, todo dentro dun ambiente de festa e alegría. Norabóa ao profesorado e alumnado participante, e moitas grazas por agasallarnos co voso talento.

Persoas con Diversidade Funcional

Os días 2, 3 e 4 de decembro, conmemoramos no Colexio a Semana das Persoas con Discapacidade Funcional. Para isto contamos coa colaboración de entidades como Aspronaga, que colaborou coa realización de talleres de manualidades con cápsulas de café, tamén colaborou a Federación de Persoas Xordas de Galicia, con contacontos en linguaxe de signos para o alumnado ata 3º de primaria, e por último, as nenas e nenos de 5º e 6ºEP visionaron o documental "Cara a cara coa vida" para coñecer o día a día dunha nena con parálisis cerebral. Agradecemos a colaboración das diferentes asociacións. PROGRAMA

 

 

Festa de fin de curso

Pois acabou o curso 2012-2013. Como ven sendo tradición, o celebramos organizando unha Festa de Xogos para todo o alumnado, na que colabora e participa todo o profesorado. Unha actividade de éxito garantido na que nenas e nenos disfrutan moitísimo. Ademáis como colofón entregamos as orlas ao alumnado que termina a etapa de infantil e primaria. Boas vacacións para tod@s.

LA REINA TROTAMUNDOS EN CHINA

Para comezar a semana da interculturalidade que estabamos a celebrar no cole, na biblioteca, eliximos un conto que narra a historia dunha raíña un pouco trotamundos. que vai coñecer China.

Claudia, Clara, Sheila, Ángela, Adrián, Miguel, Martín, Álex, Yanira e Ale, da clase de 4º, foron os encargados de transmitirnos todo o que esta raíña tan viaxeira, atopou na súa viaxe pola China.

Deixámosvos unhas fotos do momento.

Festival das Letras Galegas

Como colofón, no día previo á festividade das Letras Galegas, celebramos dous festivais para todo o alumnado. O primeiro para os máis pequenos e o segundo para os "maiores".  Como novidade acudiron invitados-as as familias participantes na actividade de "Contos compartidos", unindose tamén a esta festa de exaltación da nosa língua. Parabéns para todos os artistas que subiron a o escenario. No seguinte vídeo podedes disfrutar con todas as actuacións.

Semana do Libro

Durante a semana do 22 ao 26 de abril conmemoramos o Día do Libro no Colexio con diferentes actividades. Dende a construcción dunha torre de libros preferidos entre todo o alumnado, pasando por contacontos diarios na Biblioteca, e ata un certame de elaboración de marcapáxinas. Todo coa finalidade de contribuir e fomentar o hábito de lectura e o cariño polos libros.

O Entroido do 2013

  Este venres 8 de febreiro celebramos a festa do Entroido cun festival cheo de      colorido, música e baile. Este curso a temática central foi as diferentes culturas a través nas nacións do Mundo. Déronse todos os ingredientes para que resultara un éxito: moito público, participación e un tempo máis que aceptable, tendo en conta as previsións. Quédanos agora dar as gracias a familias, profesorado e alumnado por traballar e colaborar na realización desta festa.

 

 

 

 


Recadación do mercadillo de xoguetes

Rematado o reconto, conseguimos entre todos a cantidade de 925 euros, que servirán para sufragar en parte a construcción da nova escola para os nenos da aldea de Denbanje en Guinea Bissau, promovida pola ONG Miradas al Mundo.

Moitas grazas pola vosa implicación.

Miradas al mundo | ONG de cooperación al desarrollo

Xa chega o Entroido

Xa entramos de cheo nesta época de alegría e desenfado, e o celebraremos co noso tradicional Festival o venres 8 de febreiro no patio do Colexio, sempre que o tempo acompañe. Este ano a temática elexida foi as diferentes culturas do noso planeta. Contamos coa colaboración de todos e todas, xa sabedes, traballo en equipo. Por certo, tamén a ANPA celebrará a súa festa-merendola o mesmo día pola tarde.

Mentres ocupamos o tempo en disfraces, festas, repostería, cocidos, etc, tamén poden os rapaces xogar coas actividades interactivas que aquí vos deixamos, e nas que será quen de aprender máis sobre o entroido en Galicia.

    

           INFANTIL                        1º-2º-3º                         4º-5º-6º

Powered by Drupal - Design by artinet