Conmemoracións

Día da Paz

Como acto central desta conmemoración, formamos o símbolo da paz entre todo o alumnado e profesorado. Tamén participaron os responsables da Biblioteca Municipal do Castrillón, alumnos do IES de Monte das Moas e familias que espontaneamente uníronse ao acto. Tratábase dunha actividade impulsada pola Plataforma Cidadana pola Paz na que os centros educativos do barrio e a AAVV de IAR xunto co Centro Cívico participamos como colofón a un curso cheo de actividades, charlas, exposicións, etc...co denominador común da non violencia.

Lembrade que o luns e martes, 4 e 5 de febreiro faremos o mercadillo de xoguetes. Seguimos recibindo as vosas doazóns ata o venres. Gracias.

Festival de Nadal 2018

Un ano máis estupendo Festival de Nadal cunha fantástica participación de todo o alumnado. Aquí deixamos unha boa mostra.

<

Recollida Solidaria para a Cociña Económica

O xoves 20 de decembro un equipo dos nosos voluntarios-as realizaron tarefas de traslado e representación de toda a comunidade educativa do Colexio que colaborou na recollida solidaria. Grazas un ano máis pola vosa sensibilidade e colaboración.

Día das Persoas con Discapacidade e Voluntariado

O mércores 5 de decembro conmemoramos esta data adicando a xornada as persoas con discapacidade visual. Para isto contamos coa colaboración de Covadonga, traballadora da ONCE, que realizou talleres de braille co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Por outra banda o resto do alumnado experimentou, dun xeito lúdico as diferentes sensacións que viven diariamente as persoas con ceguera, todo realizando un circuito cos ollos tapados pero coa colaboración extraordinaria dos nosos-as voluntarios-as do proxecto de Voluntariado Miúdo que o fixeron xenial. Aquí tedes unha mostra en imaxes.

25 Aniversario: acto institucional

Este mércores 7 de xuño celebramos,nun acto de caracter institucional, os 25 anos do Colexio. Foi un emotivo e bonito acto no que reunimos as autoridades educativas (Inspector Xefe, Concelleira), e unha representación importante do profesorado, familias-APA, alumnado, persoal non docente, AAVV Iar, Centro Cívico-Biblioteca, IES Monte das Moas,...Aproveitamos para inaugurar a exposición dos 25 anos do colexio, que a partir de agora poderedes visitar todsos-as, e compartir lembranzas arredor do noso querido cole. Queremos dar as gracias a Donaire por colaborar unha vez máis con nós compartindo a súa música e cancións, tamén ao CEFP Paseo das Pontes e ao IES de Leixa (Ferrol), que colaboraron coa merenda e os carteis e lonas conmemorativas, respectivamente.

O xoves 22 de xuño será o turno, durante todo o día, para a Gran Festa do 25º Aniversario, para todo o alumnado, exalumnado e familias. Xogos, maxia, clown, malabares, música, bailes, talleres, contacontos, hinchables, etc, conformaran o programa, que pronto coñeceredes.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/06/08/bodas-plata-castrillon/0003_201706H8C12991.htm

 

 

 

ENTROIDO 2017

Estupendo día de entroido o que pasamos este venres. O traballo de todos e todas, alumnado, profesorado e familias, deu como resultado un festival divertido e cheo de colorido e creatividade. Norabóa!!!

 

Todos xuntos pola Paz

Coa realización dun acto o 30 de xaneiro, e a participación no mercadillo solidario de xoguetes, quixemos conmemorar esta data e procurar afondar na cultura de paz e convivencia que dende o colexio queremos transmitir coa axuda imprescindible das familias.

Mercadillo de xoguetes

Achégase o Día Escolar pola Paz, e no Colexio queremos repetir unha experiencia xa realizada outros anos. Trátase dun mercadillo solidario de xoguetes para conseguir, coa recaudación, colaborar co proxecto Ilumina África da ONG Miradas al Mundo.

Tedes toda a información na CIRCULAR.                                                                                                               

 

          Resultado de imagen de miradas al mundo

Powered by Drupal - Design by artinet