Taboleiro

Festival de Nadal 2019

Pasámolo moi ben este venres 20 de decembro coas diferentes actuacións de todo o alumnado do colexio. Queremos deixarvos unha mostra para que a disfrutedes coa familia e amigos. Trátase dunha lista de reproducción. Podedes acceder aos diferentes vídeos facendo clic na parte superior dereita do vídeo.

Bo Nadal e Feliz Ano 2020!!

Entrega de alimentos á Cociña Económica

O alumnado voluntario de 6ºA, en representación da comunidade educativa deste centro, entregou todos os produtos recollidos durante a campaña en favor da Cociña Económica. Queremos agradecervos a vosa solidaridade e compromiso de formación en valores para o alumnado do colexio. Moitas gracias!!

Sensibilización na semana das persoas con discapacidade

Nesta ocasión, e gracias a COGAMI, o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6ºEP disfrutou dunha amena sesión de toma de conciencia das dificultades diarias ás que se enfrontan as persoas con discapacidade.

Formación en primeiros auxilios

Os luns 16 de setembro e 7 de outubro todo o profesorado recibimos formación relacionada coa atención ao alumnado que poidese padecer calquera risco de saúde. Contamos coa colaboración de Irene, enfermera residente, como formadora neste ámbito crucial da primeira atención ao alumnado cando padezca situacións de risco para a saúde. Alerxias, intolerancias, diabetes, epilepsia, golpes, feridas, paradas cardiorespiratorias, etc, conformaron os contidos desta intensa e interesantísima formación.

Circular de final de curso

Como cada curso, e chegados case ao remate do mesmo, publicamos esta circular na que deixamos cumprida información de diferentes temas como boletíns, axudas de libros, documentación, etc.

VER CIRCULAR

Sexto en Madrid

Do 10 ao 14 de xuño o alumnado de sexto de primaria realizou a viaxe de fin de etapa. Un ano máis Madrid e Segovia foi o destino elixido. Unha viaxe onde mesturamos ocio e cultura e onde destacamos a gran acollida que tivo o musical de Billy Elliot e o Parque Warner. Días de convivencia e experiencias inolvidables onde tamén visitamos o Palacio Real, o Zoo, o Retiro, o Museo do Prado, Museo de ciencias e Segovia.

 

Becas comedor 2019-20

Dende o Concello de A Coruña trasládannos toda a información sobre esta convocatoria de becas para o vindeiro curso escolar. O prazo de solicitude é do 22 de abril ao 6 de maio, ámbolos dous días incluídos. Os impresos e solicitudes poderán obterse e tramitarse nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica do Concello. Para ver toda a información detallada desta convocatoria facede clic na imaxe.

Saídas do terceiro trimestre

Podedes consultar as saídas xa confirmadas no seguinte enlace e no taboleiro da entrada.

Enquisas sobre o o estado da convivencia no centro

Este xoves 7 de marzo recibíchedes a información relativa a esta gran recollida de datos a nivel Galicia. Solicitamos a vosa participación masiva; familias, alumnado de 5ºe 6ºEP, profesorado e persoal de administración e servicios. Tedes ata o 17 de marzo. Para acceder á web e cumplimentar a enquisa coa vosa clave personalizada facede clic na imaxe. (se o navegador advirte que non é unha conexión segura, darlle a acceder igualmente, cumple todos os estándares de seguridade). Gracias a todos-as.

Powered by Drupal - Design by artinet