Taboleiro

Xubilación de Carmen e Lola

Hoxe venres 19 de febreiro do 2021 xubilouse a nosa compañeira Lola, mestra especialista de audición e linguaxe, que formou ata hoxe parte do Departamento de Orientación do colexio

Despois de 38 anos na docencia e 11 no noso centro, chegou o momento de descansar e disfrutar desta nova etapa na súa vida, na que lle desexamos moita saúde e sorte. 

Carmen López xubilouse ao final do curso pasado, e de xeito imperdonable, non fixemos unha reseña da súa despedida ata hoxe ("mea culpa" Pablo).

Igual que Lola, case 40 anos na docencia, dos que os 14 últimos foron no Fdez Latorre, sempre como titora de 5º-6º de Primaria. Desexámoslle tamén moita saúde para disfrutar dun montón de anos cheos de bonitas experiencias.

 En nome de toda a comunidade educativa moitas grazas a ambas polo voso traballo e compromiso.

Conmemoramos o Día da Paz

Coas limitacións pola pandemia, nesta ocasión apostamos pola realización dun vídeo no que cada aula traballou sobre diferentes homes e mulleres que fixeron importantes esforzos por facer un mundo mellor.

Iniciamos o segundo trimestre

Estimadas familias, este venres 8 de xaneiro iniciamos as clases deste segundo trimestre con normalidade, tal e como estaba previsto no calendario escolar. Quero pediros a máxima prudencia e colaboración para continuar aplicando, incluso reforzando dada a situación actual, as principais medidas de prevención contra o coronavirus: distancia, hixiene de manos, uso da máscara e facer diariamente unha autoavaliación de sintomatoloxía Covid antes de acudir ao colexio. Estou seguro de contar unha vez máis coa vosa colaboración, e así conseguir entre todas e todos que o curso continúe e termine presencialmente e cos mínimos contaxios posibles. Será un éxito de toda a comunidade educativa.

Aproveito tamén para informar do inicio das actividades extraescolares na vindeira semana. Lóxicamente estarán asuxeitas á normativa autonómica sobre o Covid e contarán cun protocolo específico para o seu desenvolvemento. O cadro de actividades e horarios o tedes neste enlace da web.

Feliz Ano e moita saúde para todos-a.

Información de final do primeiro trimestre

Estimadas familias. Coa finalización deste primeiro trimestre queremos informarvos dalgunhas cuestións de interese:

  • O martes 22 terminan as clases deste primeiro trimestre. De momento, a pesar dos rumores, non hai modificación no calendario escolar, e polo tanto a volta ás clases será o venres 8 de xaneiro. 
  • Este martes 22 todo o alumnado recibirá o boletín de avaliación en papel, e ademáis levarán a tradicional postal navideña coa que felicitamos a toda a nosa comunidade educativa, e por último tamén levarán o díptico de recomendación de libros por idades, elaborado pola biblioteca do centro.
  • Máscaras da convocatoria da Xunta: Este luns 21 entregarémolas ao alumnado beneficiario desta convocatoria. Levarán cinco máscaras cada un-unha. Son reutilizables ata 25-30 lavados, e polo tanto a súa utilización alcanzará ata final de curso. As instruccións de uso e colocación están no embalaxe orixinal.
  • COVID: A incidencia no colexio durante o trimestre foi baixa, arredor do 2%. Quero agradecer ao alumnado, profesorado e ás familias o seguimento dos protocolos e normas de actuación, e que continuemos na mesma liña ata a suspensión da alerta sanitaria.
  • Festival Virtual de Nadal: Mañá teredes dispoñible na web os vídeos coas actuacións que prepararon nos diferentes niveis, con elas pretendemos transmitir unha mensaxe de alegría e optimismo, a pesar das circunstancias. 
  • Activ Extraescolares: A partir do luns 11 de xaneiro está previsto o comezo das mesmas según a planificación da ANPA. Por suposto cumplirán os protocolos esixidos para este tipo de actividades

Para terminar, quero desexarvos unha Felices Festas e un Feliz ano 2021 con moita saúde para todos-as.

Campaña de axuda á Cociña Económica

Estimadas familias:

A crise global do coronavirus fai que institucións benéficas, como a Cociña Económica, teñan unha altísima demanda de solicitudes de axuda por parte de moitas familias.

Este ano non podemos promover unha recollida de alimentos como as de anos anteriores. Para non deixar de colaborar con eles cando máis falta fai, queremos pedirvos a todas-os os que poidades, que fagades un donativo coa cantidade que cada quen considere oportuna.

Aquí deixamos o enlace seguro, onde poderedes acceder directamente sen necesidade de rexistro, e realizar a vosa aportación: http://www.cocinaeconomica.org/donacion-online.asp

tamén podedes indicar no apartado de comentarios “Campaña do Fdez Latorre”, para que vexan que un curso máis seguimos a colaborar con eles

 Aproveitamos a ocasión para saudarvos e agradecervos a vosa implicación e colaboración nesta campaña solidaria do nadal.

 

A Coruña, 16 de decembro de 2020.                           A dirección.

 

Agasallos do Concello para o alumnado

Dende o Servizo Municipal de Educación do Concello de A Coruña comunícannos o envío de materiais para entregar a todo o alumnado nos próximos días:

  1. Botellas de aluminio para 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
  2. Máscaras reutilizables para 3º e 4º de Primaria.
  3. Botes portátiles de hidroxel para 5º e 6º de Primaria.

Como vedes son materiais para colaborar na consolidación de hábitos de prevención e saúde entre o alumnado.

Taboleiro informativo dixital

Na situación actual, co acceso ao recinto educativo bastante restrinxido para as familias, pensamos que sería unha boa idea ter toda a información habitual do taboleiro do colexio volcada nun taboleiro virtual, onde toda a comunidade educativa poda consultar información de interese, circulares, convocatorias, etc. O enlace estará permanentemente no menú lateral na esquerda da páxina https://drive.google.com/drive/folders/1PPoW5AZb8I4xNH5yaaFjoS7WiVwi-DPx?usp=sharing

 

Tempos de COVID 19 na escola: recomendacións

O Secretario do centro realizou esta presentación sobre aspectos e recomendacións a ter en conta na vida diaria dentro e fora da escola. Un interesante documento para ler e revisar de vez en cando como recordatorio de moitas das medidas que coñecemos, e de outras que non tanto.

Powered by Drupal - Design by artinet