Tradicións
Contando historias de medo
Na semana previa ao Samaín todo o alumnado disfruta de contos terroríficos contados por moitas nais, pais e profesorado. Dende aquí dámoslles as grazas pola súa colaboración.
CHEGA O MAGOSTO
O TRADICIONAL MAGOSTO SERÁ O VENRES 13. DEBEDES TRAER UNHA POUCA LEÑA E ALGUNHAS CASTAÑAS CORTADAS. NÓS ENCARGÁMONOS DE ASALAS PARA TODO O ALUMNADO E AS FAMILIAS QUE VEÑADES.
TAMÉN É IMPORTANTE QUE ESE DÍA O ALUMNADO TRAIA O SEU RECIPIENTE PERSONALIZADO PARA DEPOSITAR AS CASTAÑAS E LOGO AS CÁSCARAS. SIMPLEMENTE NECESITADES A METADE DUN CARTÓN DE LEITE E UN CORDÓN PARA COLGALO. DESPOIS CADA QUEN O PODE DECORAR AO SEU GUSTO.
Celebración do magosto
Despóis de tentar á sorte, conseguimos asar as castañas e celebrar o noso tradicional magosto. A implicación de todas e todos foi unha vez máis garantía de éxito, na realización dunha actividade común. Noraboa.
A Festa do Samaín
Un curso máis celebramos esta festa tradicional. Abraiados pola cantidade e calidade da vosa participación, non queda senón agradecervos o voso interese e colaboración. Permitídeme que especialmente, recoñeza ao Equipo de Dinamización da Língua Galega, a Biblioteca, a APA por impulsar e colaborar na organización e desenvolvemento da actividade.
VOLTA O SAMAÍN
Victoria
O 30 de outubro celebramos o Samaín, no Colexio “Juan Fernández Latorre”.
O Samaín é unha celebración tradicional de Galicia para recordar aos mortos. Esta festa celébrase dende hai moitos anos, porque é unha forma de pasalo ben e á vez de honrar aos que xa non están con nós.
O día 29 deixamos as cabazas decoradas con caras terribles no Colexio. O día 30, pola tarde acenderanse e iremos con elas desfilando ata a praza de Pablo Iglesías, faremos unha paradiña no cemiterio de Oza, onde os gaiteiros da Asociación IAR tocarán unha canción para honrar aos nosos defuntos.
Ao rematar, eu deixo a cabaza na praza que está fronte a miña casa para asustar á xente que pasa; anímaste a deixar a túa?
Javier, Laura N e Nora
LETRAS GALEGAS
Letras Galegas 2014
Xosé Mª Díaz Castro 1914-1990
Caricatura de Antonio Pallas |
Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio queremos ofrecervos o vídeo realizado para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014.Trátase dunha recreación do personaxe contando a súa vida. No vídeo colaboraron varios alumnos e alumnas do Centro, aos que agradecemos públicamente o seu interese.
Tamén vos ofrecemos a gravación do poema do autor "Esmeralda" cantado por Icía, alumna do Centro, a música é de Antonio Mandiá e os arranxos de Francisco Manteiga.
O MAGOSTO CON DONAIRE
O día 11 de novembro celebramos o magosto no Colexio. Nel comemos castañas e bebemos leite e engadímoslle algo de marcha coa actuación do grupo Donaire con cantigas, bailes... A canción que máis nos gustou foi "O galo", porque sacaron a bailar a moita xente, aínda que a algunhas persoas dáballes vergoña.
Os profesores e profesoras asaron moitas castañas. Estaban riquísimas!
Para nós foi o mellor magosto.
O Colexio, para agradecerlle ao grupo a súa actuación, agasallounos cunhas figuriñas de barro de Buño.
Foi xenial!
Raquel e Clara, de 5º
Festa do Samaín
Mércores 30 de outubro, un día antes do habitual por mor da festividade do Día do Ensino, celebramos esta festa tradicional na que participaron alumnado, familias, profesorado, Biblioteca do Castrillón e AAVV IAR. Organizado un curso máis polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio, que dende esta web quere felicitar a todos pola participación, cada ano máis numerosa, concretamente este curso contamos 330 cabazas, impresionante!!
Picando na imaxe superior podedes acceder ás mellores imaxes.