Os soños na Gaiola

AS MOCHILAS VIAXEIRAS 2012-13

Como todos os anos, a nosa bruxiña preparou as mochilas viaxeiras para os nosos rapaces e rapazas e as súas familias. Representantes de todas as clases viñeron recollelas á biblio. Aquí vos deixamos as fotos da recollida das mochilas.

Día da Biblioteca

O luns 25 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión invitamos a Christian Magic, vello coñecido da escola, que fixo un espectáculo de maxia relacionado co fascinante mundo dos libros e as lembranzas dalgún deles cando él era neno.

Día da Biblioteca. Entrega de premios.

 GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL:

1º Ciclo: Franco González 1ºB

2ºCiclo: Pablo Martínez 3º B

3º Ciclo Irene Cerqueiro

GAÑADORES DO CONCURSO DA PEGATINA:

1ºCiclo: Adrián Chans 1º B

2º Ciclo: Manuel Lijó 3º B

3º Ciclo Ariadna Mato 6ºA

   
   

PEGATINA GAÑADORA

Manuel María e os Soños na Gaiola

Unha das primeiras obras de Manuel María foi este libro de poemas, Os Soños na Gaiola, que da nome a nosa biblioteca.

Se queres máis información sobre o  libro e a obra deste gran autor galego preme no seguinte enlace:

Díptico dos soños na gaiola

Inauguramos a biblioteca

   

O pasado venres 6 de febreiro por fin inauguramos a biblioteca despois das reformas.

 Nova imaxen, máis libros, dvds, música, acceso a internet,... unha biblioteca para aprender e disfrutar. Grazas a todos os que o fixeches posible.

Ver Fotos

 

Presentación da biblioteca

 COLABORADORES: Alumnos de 5º e 6º

SERVICIO DE PRÉSTAMO:  Todos os días no horario dos recreos (11h45' a 12h 15') e os venres de 16h a 17h 30'

PRÉSTAMO DE LIBROS  PARA BIBLIOTECA DE AULA: O responsable fai unha selección según as peticións dos docentes ou según os temas que se estean a traballar nas aulas. Ademais deste servizo, cada aula dispón dunha sesión semanal para o uso da biblioteca que o titor considere máis oportuno. As horas restantes quedas a disposición de todos para a lectura ou consulta.

OBXECTIVOS XERAIS:

  • Ofrecer un soporte continuo de información e orientación. Implicar ao alumnado na súa propia aprendizaxe.
  • Desenvolver os hábitos de lectura do alumnado. Fomentar o servicio de préstamo.
  • Empregar a biblioteca escolar como recurso didáctico para a realización de múltiples actividades.
  • Igualar as oportunidades entre todos os alumnos/as.

ACTIVIDADES:

  • Rexistrar e catalogar as novas incorporacións bibliográficas
  • Realizar préstamos a profesores/as, alumnos/as, gran grupo, talleres de lectura, etc.
  • Orientar e recomendar libros a todos os que o soliciten.
  • Desenvolver actividades de animación, xogos, entrevistas, contacontos, etc.
  • Empregar o contido da biblioteca como apoio a celebración das diversas conmemoracións e actos lúdicos que se celebran ó longo do curso

Powered by Drupal - Design by artinet