Ed. física

Actuación de malabares e cordas no Festival das Letras

Actuación preparada nas clases de Ed. Física de 4º de Primaria.


Encontro coa tradición en A Capela

Aquí tedes un resumo da actividade levada a cabo na Capela coa alumnado de 6ºEP. No vídeo utilizamos a técnica de chroma key, coa que estamos a traballar este curso, a proposta do EDLG.

Escola da Bici

A proposta de Stop Accidentes a asociación Escola da Bici impartíu un taller teórico e práctico sobre o uso axeitado das bicicletas e a súa promoción. Unha vez máis 6º de Primaria tivo a sorte de participar neste Taller do que amosamos algunhas imaxes.

Xornada de Atletismo

Un ano máis co alumnado de 6º, finalizamos a UD de atletismo con esta xornada lúdico deportiva no estadio de atletismo da UDC en Elviña.

As carreiras de orientación

Hoxe - 20 de outubro- os nenos e nenas de 6º fomos a Pablo Iglesias a facer orientación. Tratábase de que cun mapa tiñamos que orientarnos e atopar as pistas que nos puxera Pablo, o profesor de educación física, as preguntas e os debuxos trataban sobre probas relacionadas co atletismo. Foi moi divertido. (Andrea 6ºB)

Final do Torneo de Educación Deportiva de Balonmán

Despois de mes e medio de clases, entrenamentos e competicións, hoxe 29 de maio fixemos a fase final do torneo. Aqui tedes algúns momentos.

Semana das Letras Galegas

Entre o luns 18 e o venres 22 de maio deste 2015 celebramos unha semana especial, desenvolvendo actividades moi relacionadas coa expresión da nosa cultura  e tradición. Nesta ocasión falamos da actividade de xogos tradicionais que durante todos os recreos tivo lugar no patio para o alumnado de primaria. Contamos coa colaboración da A. C. "A Modiño" que prestounos parte do material utilizado, e tamén coa implicación de alumnado de 6ºEP na monitorización dos xogos. A outra actividade, consistía na realización de talleres de oleiros, impartidos por un experto artesán de Buño, e como protagonistas, o alumnado de infantil e 6ºEP. Ademáis a exposición do autor homenaxeado, e como guinda teremos o Festival das Letras o vindeiro luns 25.

Terminaron os Xogos Escolares

O Teatro Rosalía de Castro foi o escenario da Gala Final dos Xogos Escolares do Concello, na que o Colexio estivo ben representado polos integrantes do equipo de volei, que acadou un meritorio terceiro posto. Nesta edición houbo alumnado do Centro participante, tamén en balonmán, baloncesto e tenis. Norabóa a todos-as os participantes, e para o vindeiro curso + deporte, + compañeiros, + diversión, + felicidade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet