Xornada de baloncesto con Maristas

Como colofón ao curso, dúas xogadoras e adestradoras do equipo de baloncesto de Maristas Coruña, Andrea e Aitana, achegáronse ao colexio para realizar unhas sesións de promoción deste deporte. O alumnado de 3º e 4ºEP desfrutou dunha sesión onde tiveron a oportunidade de coñecer e practicar este deporte e algunha das súas habilidades específicas. Agradecemos o seu traballo e desexámoslles moitos éxitos e sorte para o seu clube.

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet