Skip to Content

Artículos

Non se envías mensaxes internos entre alumnos e de alumnos ao profesor

Non consigo enviar mensaxes entre os alumnos dun curso, nin tampouco enviar mensaxes entre o alumnado e o profesor titor do curso. Cando lle damos a enviar mensaxe non aparece o cadro de editar na parte inferior da xanela da mensaxería. Un saúdo.

Imaxes

Non podemos ver as imaxes que se insiren. Non é posible visualizar unha imaxe de menos de 10 MB e máis de 100 x 100 pixeles que é o que di a axuda.(tampouco máis pequenas) Son imaxes *.jpg que cumpren esas condicións. Aparentemente suben, pero aparece o típico cadro cruzado en vermello. O proceso seguido é: 1) Editar perfil 2) Examinar 3) Selecccionar a imaxe desexada 4) Actualizar perfil O novo perfil elimina a imaxe predeterminada, aparece o nome de descrición da nova imaxe, pero non se visualiza. Gracias anticipadas

Problema seguridad en moodle?

Cómo podo solucionar a seguinte mensaxe: Security Warning: to operate properly, Moodle requires that you make certain changes to your current PHP settings. You must set register_globals=off. This setting is controlled by editing your php.ini, Apache/IIS configuration or .htaccess file.

Cuestións diversas

Hai alguna posibilidade de que alguén veña ó centro a explicar o proxecto webs dinámicas. Sinceramente, no meu centro están infrautilizadas porque a xente descoñece as súa existencia e as súas posibilidades? Hai pensado algún curso ou grupo de traballo de Moodle nos alrededores de Coruña? Cómo se fai en Moodle para que os alumnos creen usuario e contraseña. Activo algo chamado Autenticación baseada no correo electrónico, pero non atopo o modo no que se poden inscribir? gracias

Problemas coa actualización de Moodle

Un dos nosos cursos (o de Tecnoloxía) tiña varias imaxes. Trala recente actualización de Moodle perdéronse todas. Son imaxes que podemos recuperar doutros soportes, pero é algo que non debería pasar e tal vez non sexades conscientes do problema. Na lista de ficheiros do curso aínda aparecen os nomes das imaxes, pero non se poden abrir. Pode que sigan gardadas e haxa algún problema de indexación, pero facendo unha busca dos arquivos co net2ftp non aparecen.

¿Por onde empezar?

Quixera saber por onde se empeza para utilizar Moodle. ¿Como se fai para crear unha conta, acceder, etc.?

Subindo arquivos

Por se alguén tivo o mesmo problema: Varios alumnos nosos intentaron cargar arquivos co resultado do seu traballo, e ainda que no navegador poñía "Feito", o certo é que non se cargaban. Finalmente, descubrimos que Moodle non acepta arquivos que leven espazos no nome. Moodle debería ter un aviso no momento de cargar arquivos e ademais, unha mensaxe de erro posterior para os despistados. Tamén chama a atención que Moodle non acepte por exemplo o formato BMP á hora de insertar imaxes.

Participar nun foro

¿É posible participar nun foro dun curso, entrando como convidado?

Cargar usuarios

Quixéramos saber si se pode cargar os usuarios (tanto profesorado como alumnado) dados de alta no servidor Linux, no moodle da Aula virtual. Gracias.

Libros de texto

Nos manuais de Moodle recomendados neste espazo, vexo que nos cursos tipo "tópicos" existiría a posibilidade de facer libros de texto, e dicir, simplemente gardar apuntes de clase estructurados en capítulos e subcapítulos. Sen embargo, cando trato de engadir un recurso ou actividade tipo "libro" ou "material" nun curso de "tópicos" non aparecen estas opcións. Non está cargado ese módulo tan básico no Moodle dos centros?


by Dr. Radut