Skip to Content

Proxecto xeral

Corte de servizo no servidor de Webs dinámicas - Multisite

Estimados usuarios de Webs dinámicas.

O vindeiro xoves 9 de setembro realizare un corte neste servizo de aloxamento web para a realización dunhas tarefas de mantemento que afectará ás novas instalacións das aplicacións en Multisites (aloxadas no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/...), polo que o servizo permanecerá inoperativo desde as 08:30 horas ata as 14:30 (aprox.). Os servizos serán restablecidos o antes posible.

Agradecemos a vosa colaboración e comprensión.

Un saúdo.

Módulos de Durpal 5.7 instalados no modelo de centros.edu.xunta.es

Na instalación de websdinámicas que viñamos utilizando no servidor de "centros.edu.xunta.es" estamos a utilizar os seguintes módulos que aparecen selecionados na seguinte imaxe:

drupal mod

 

Fases da migración Multisites

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Molecule-custom%3Bsize_159,241.jpg O proxecto Webs dinámicas, coa finalidade de poder mellorar o servizo ofrecido aos centros educativos, realizou unha nova estrutura das aplicacións ofrecidas: drupal, moodle e coppermine, de xeito que agora todos os centros educativos compartirán a mesma estrutura de ficheiros comúns das mesmas aínda que se manterá a independencia de bases de datos.

Esta nova estrutura, denominada Multisite, mellorará o mantemento e actualización destes servizos así como a velocidade de acceso ás aplicacións.

Este  cambio na estrutura de ficheiros significa tamén que agora os centros non poderán ter acceso por FTP a estas carpetas, posto que calquera modificación nas mesmas afectaría á totalidade dos centros participantes. Por este motivo a nova instalación xa se está a realizar nunha máquina diferente, variando así o enderezo das novas ubicacións das páxinas, pasando a estar localizadas en http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro

Desde o listado de centros participantes no proxecto pódese observar que aqueles centros que xa están nesta nova estrutura aparecen cunha imaxe identificativa do sistema: Os novos centros incorporados recentemente ao proxecto Webs dinámicas xa van instalados con esta nova disposición. Para os centros anteriores realizaremos un proceso de migración.

Proceso de migración dos centros anteriores.

Este proceso de migración será realizado integramente desde os servizos centrais da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos, Área de Sistemas e Comunicacións, Proxecto Webs dinámicas.

Este proceso dividirase en varias fases:

  • Fase I (inicial): Realizarase unha comprobación do uso das aplicacións instaladas para determinar si é necesario realizar unha migración dos seus contidos ou, polo contrario, si se pode realizar unha nova instalación de cero no novo sistema Multisite. Esta comprobación realizarase mediante comunicación por e-mail aos centros afectados para que confirmen a súa situación (Máis info: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/666)
  • Fase II (migración): Unha vez confirmados todos os centros afectados, iniciarase secuencialmente a migración dos contidos dos centros desde a actual ubiciación (http://centros.edu.xunta.es/nomedocentro) á ubicación multisite (http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro).
    Antes de iniciar a migración dos contidos haberá unha nova comunicación aos centros para indicarlles que se vai iniciar o proceso (que se realizará preferentemente en horario nocturno).
    Cada día (noite) irase migrando un número determinado de centros, en función da velocidade do proceso.
    Todos os contidos, así como as imaxes, enlaces, documentos, etc. non deberan de sufrir alteración algunha, co cal, unha vez finalizada a migración, estarán funcionando de igual xeito que o facían anterioremente, sin que sexa necesario realizar ningunha labor de mantemento por parte dos administradores dos centros educativos.
  • Fase III (comprobación): Rematada a migración e realizadas as comprobacións oportunas desde os servizos centrais, confirmarase ao centro mediante un novo e-mail que o proceso rematou. O centro deberá realizar as correspondentes comprobacións con máis detalle para comprobar que todo saíu segundo o previsto.
  • Fase IV (limpeza): Unha vez realizadas as comprobacións procederase á eliminación dos datos antigos na máquina de http://centros.edu.xunta.es/... correspondentes ao proxecto Webs dinámicas, así como daquelas outras páxinas e/ou aplicacións que o centro tivese instaladas anterioremente (webantiga...) previa confirmación do centro educativo.

INFORMACIÓN RELACIONADA

Migración a Multisite: Notificación ós centros educativos.

Notificación enviada ós centros:  Ver Adxunto.

Nova estrutura: Multisite

Dende o Proxecto Webs Dinámicas estamos a traballar nunha nova estrutura do Proxecto que mellorará principalmente a  velocidade de acceso ás webs dos centros educativos públicos. Os centros educativos que solicitaron entrar no Proxecto  neste último ano xa está a traballar coa nova estrutura, a que nós chamamos “multisite”. As implicacións que esta nova organización ten para os centros pódese consultar no Portal Oficial do Proxecto na nova: “Novos centros en Webs Dinámicas,  unha nova estrutura do Proxecto: multisite” (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/646). No listado de centros participantes do portal oficial  os centros que pertencen ó multisite están indicados con unha icona vermella e azul en forma de molécula (multisite)

Unha necesidade: a migración das páxinas dos centros á nova estrutura

Todos aqueles centros que xa estaban traballando no Proxecto WD con anterioridade deberán migrarse, proceso que se realiza directamente dende esta Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Este proceso, asumible pero complexo, require do traballo e concentración dos responsables do Proxecto, así como da colaboración dos diferentes Asesores SIEGA de Zona e dos propios centros educativos.

O centro educativo decide: Instalar as aplicacións de cero ou migrar os contidos e a configuración?

Por outro lado existe un número importante de centros ós que se lle instalaron as aplicacións no seu momento pero non están a traballar activamente no Proxecto, estando nalgún caso as páxinas valeiras. Para a mellora do conxunto do Proxecto este tipo de centros deberan de ser reinstalados de cero, xa que este proceso de instalación de cero é rápido e doado. Cada centro deberá polo tanto valorar si prefire ser reinstalado de cero ou migrado da vella estrutura (“centros”) á nova (“multisite”). Para esta valoración é necesario ter moi en conta a cantidade de contidos publicados e o traballo final realizado. A simple visualización da páxina principal da web do centro con unha plantilla determinada, ou con contidos só na páxina principal, podería ser reconstruída sen dificultade unha vez realizada a instalación de cero.

Os elementos a ter en conta para esta valoración son os seguintes:
  • Vantaxes da migración:
    • Non se perde a información contida nas páxinas dos centros (Drupal, Moodle e Coppermine) nin as configuracións correspondentes.
  • Inconvenientes da migración:
  • Vantaxes da instalación dende cero:
    • A instalación é inmediata. Unha vez notificada a conformidade por parte do centro para instalar de cero as aplicacións do Proxecto na nova estrutura multisite, o proceso non duraría máis dunha semana.
  • Inconvintes da migración:
    • Perda dos contidos e configuración das aplicacións. Para valorar isto é importante valorar a cantidade de contido e configuración realizada e non só a presentación da páxina principal.


Situacións especiais de cara a migración

Por outro lado, asumimos que os centros educativos non fixeron modificacións no modelo orixinal enviado ó centro, nin na lista de módulos orixinal das aplicacións, nin nas propias plantillas. Migrar un centro que non respetara a estrutura orixinal do Proxecto pode ocasionar certos problemas de funcionamento nas aplicacións. No caso de que isto non fora así os centros deberan notificalo para telo en conta de cara á migración.

Notificación a websdinamicas@edu.xunta.es

Dito todo isto é necesario que cada centro educativo que participa no proxecto notifique ó correo websdinamicas@edu.xunta.es antes do venres 25 de Xuño cal é a súa situación de cara a este proceso de migración. Para facilitar este proceso comunicativo é moi importante seguir as seguintes instrucións:

Existirían inicialmente tres casos diferentes.

1.- O centro prefire que lle reinstalen as aplicacións dende cero na nova estrutura multisite
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Instalar de cero
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello optamos pola instalación das aplicacións dende cero, perdendo os contidos e configuracións anteriores.

EXEMPLO:
Asunto: 15001847 CEIP de Pedrouzos - Brión: Instalar de cero
Corpo do correo: Dende o 15001847 CEIP de Pedrouzos - Brión, optamos pola instalación das aplicacións dende cero, perdendo os contidos e configuración anteriores.

2.- O centro prefire que se lle migre toda a información da vella estrutura á nova en multisite
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Migración
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello optamos pola migración dos contidos a multisite
3.- O centro ten modulos non incluidos no modelo orixinal ou plantillas modificadas.
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Modelo modificado
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello notificamos que realizamos as seguintes modificacións no modelo orixinal:
  • (describir as modificacións).


Para a toma da decisión pode contar coa colaboración do Asesor/a SIEGA da súa Zona, si non coñece o seu correo oficial podemos facilitarllo dende o propio Proxecto Webs Dinámicas (websdinamicas@edu.xunta.es).
 
 

Proxecto Webs Dinámicas: Cursos abertos sobre Moodle

Neste curso escolar estamos a impartir os cursos oficiais sobre o Proxecto Webs Dinámicas na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA).

Estes serán a referencia oficial dos materiais elaborados con relación ó Proxecto. Ademais, a medida que se realicen modificacións nas estruturas das páxinas webs dos centros, actualizaremos estes cursos referenciandoo a modificación como nova nesta sección de "Novas" do portal á que vos podedes sindicar  a través de RSS neste enlace: Sindícate ás Novas de Webs Dinámicas.

Cursos Abertos sobre Moodle

Ademais, nesta aula virtual todos aqueles docentes que teñan conta de correo corporativa do tipo nomedeusuario@edu.xunta.es poderán rexistrarse e participar da "Sala de profesores" para sobre o Proxecto ou sobre cuestións relacionadas coas TIC e a Educación.
Venres, 18 de Xuño de 2010

9º Curso Aberto: Actividades realizadas co Notebook para traballar no Encerado Dixital Interactivo

Nome do curso: Actividades realizadas co Notebook para traballar no Encerado Dixital Interactivo

Aula Virtual: CEIP Pedro Barrié de la Maza-SADA

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedrobarriedelamaza/aulavirtual/course/view.php?id=2

Área/temática: Formación Docente en competencias TIC

Profesora resposable: Conchi García

Data recepción do correo: 15/06/2010

8º Curso Aberto: Tecnoloxía Industrial II

Nome do curso: Tecnoloxía Industrial II

Aula Virtual: IES Antonio Fraguas

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesantoniofraguas/aulavirtual/course/view.php?id=12

Área/temática: Tecnoloxía Industrial de 2º de Bacharelato

Profesor resposable: Marcos Vázquez Rozas

Data recepción do correo: 27/05/2010

7º Curso Aberto: TICs 1º Bacharelato

Nome do curso: TICs 1º Bacharelato

Aula Virtual: IES Manuel Murguía (Arteixo)

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmanuelmurguia/aulavirtual/course/view.php?id=7

Área/temática: Tecnoloxías da información e as comunicacións 1º Bacharelato

Profesor resposable: Miguel Gómez Duaso

Data recepción do correo: 20/05/2010

6.- Curso Aberto: Informatica 4º ESO

Nome do curso: Informática 4º ESO

Aula Virtual: IES Manuel Murguía (Arteixo)

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmanuelmurguia/aulavirtual/course/view.php?id=6

Área/temática: Informática 4º ESO.

Profesor resposable: Miguel Gómez Duaso

Data recepción do correo: 20/05/2010

Proxecto Webs Dinámicas: Cursos abertos sobre Drupal

Neste curso escolar estamos a impartir os cursos oficiais sobre o Proxecto Webs Dinámicas na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA). A medida que imos avanzando nos cursos imos transladando os contidos á nosa Aula Virtual Aberta para que poidan ser accesibles en aberto por todo aquel que o desexe. Polo de pronto xa están accesibles os seguintes cursos:

Ademáis, nesta aula virtual todos aqueles docentes que teñan conta de correo corporativa do tipo nomedeusuario@edu.xunta.es poderán rexistrarse e participar da "Sala de profesores" para sobre o Proxecto ou sobre cuestións relacionadas coas TIC e a Educación.
Venres, 30 de Abril de 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut