Skip to Content

Publicar imaxes

Publicando imaxes

Temos dúas opcións para subir imaxes:

Enviar foto

Mediante esta opción poderemos subir fotos aos álbums.
Abrirásenos a opcións de examinar para buscar no noso ordenador as imaxes a subir (de 5 en 5), anque esta opción poderíase cambiar.

Tamén se poden indicar imaxes mediante URL.

As imaxes teñen a limitación de 1024 KB e o tamaño máximo de 800x800.

Xa indicamos anteriormente que a aplicación estaba configurada para redimensionar imaxes que excedesen o tamaño de 800 en ancho ou alto. Imaxes de maior tamaño amais de pesadas serían desproporcionadas para ver nunha pantalla dun ordenador habitual nun centro educativo.

Evidentemente son opccións configurables.

Engadir foto por FTP

Poderiamos engadir fotos mediante protocolo FTP se creamos unha carpeta con ditas fotos e as metemos dentro da carpeta albums da galería.

Unha vez no espazo web, premeriamos no botón de Engadir fotos e poderiamos ir elixindo na carpeta que subimos ao espazo web as imaxes desexadas e asignarlles o álbum correspondente.

Permisos

A aplicación vai preconfigurada de forma que os usuarios co perfil administrador poden e deben crear categorías que van a clasificar os álbums e nestes publicaranse as imaxes e animacións.

O usuario rexistrado do grupo Profesorado só poderá publicar fotos nos álbums que son públicos e con permiso de publicación.

A configuración inicial non permite álbums persoais e so os administradores  poden crear categorías e álbums.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut