Unha Wiki é unha actividade colaborativa na que o alumnado ten que ir construíndo un documento proposto polo titor/a.
Na elaboración de dito documento ou actividade pode intervir un alumno coas anotacións do profesorado (wiki de estudante) ou varios alumnos (Wiki de grupo).
Un modo particular de wiki, é a Wiki iniciada mediante un arquivo txt (en formato utf8).
Ten de especial, que o profesor/a inicia a wiki cun arquivo txt externo. Cada alumno/a ve a súa wiki iniciada e trata de finalizar a actividade ben individualmente (Wiki de estudante) ou en grupo (Wiki de grupo).
Cando a alumno/a remata a súa wiki, o titor/a pode ir cerrando individualmente cada wiki (Solo lectura).
Procedemento:
1-Elaboramos arquivo txt con formato utf8.
Con wordpad facemos un arquivo txt. Seguramente non nos deixa gardalo con formato utf8, sen embargo se o reeditamos con wordpad si o poderemos xa gardamos como txt con formato utf8
Supoñamos pois que xa temos un arquivo txt rn formato utf8 (textowiki.txt)
2-En Moodle engadimos nun curso unha actividade de wiki
Abrirase un formulario de wiki no que teremos que poñer o título e unha descripción da wiki.
Como vai ser unha wiki iniciada, indicamos o nome do arquivo txt que a vai iniciar (no noso caso textowiki.txt). Lembrade, en formatop utf8.
3-Despois de "Gardar modificacións" observaremos un novo formulario ou pantalla na que poderiamos "Editar esta páxina 'textowiki.txt' " nun espazo en branco pero o que teremos que facer será permer no botón "actualizar wiki"
Esto remitiranos ao formulario inicial de creación da wiki, pero agora apareceranos un novo botón no que premer e a través do cal poderemos subir ao servidor o arquivo "textowiki.txt" que xa temos elaborado pero que aínda non incorporamos definitivamente.
Prememos en escoller ou cargar ficheiro e entraremos nunha pantalla que nos vai permitir:
- Cargar ficheiros ao servidor (localizaremos o textowiki.txt nun arquivo local do noso PC
- Un vez arriba o arquivo seleccionarémolo e escolleremolo para incorporar na wiki
Gardamos modificación e comprobaremos inmediatamente que efectivamente xa temos incorporado o textowiki.txt na wiki.