Skip to Content

Manuais de Moodle

Moodle: Auto-enlaces ó glosario

Xa é posible configurar Moodle para que faga automáticamente enlaces ós glosarios. Esta función permitirá que cando os usuarios crean contido se xenere automáticamente un enlace dende o termo escrito polo usuaio á entrada do glosario coincidence.

Así si eu escribira no Moodle: "Moodle é unha plataforma web 2.0 de gran potencialidade" e tiveramos unha entrada no Glosario denominada "web 2.0", esta sería recoñecida activando un auto-enlace que mostraría nunha ventana emerxente a entrada no glosario.

Para isto é necesario:

  1. Que o Glosario teña activado: "Ligar automáticamente entradas de glosario"
  2. Que cando engadimos unha entrada no Glosario marquemos "Esta entrada será ligada automaticamente"
Si non queremos que o enlace se produza deberemos indicalo incluíndo o código <nolink> e </nolink>.

Aprendendo sobre Moodle

Na URL http://docs.moodle.org/es atoparemos unha completísima  información sobre Moodle. Manuais para administradores, profesorado e alumnado.

A versión que actualmente instalamos no espazo dos centros e a 1.5.4 xa que é a que soporta a nosa base de datos. Recientemente acaba de sair a versión 1.7 con importantes melloras. Unha vez que os nosos sistemas podan aloxar dita versión actualizaremos a aplicación.

Estamos a desenvolver unha guía rápida para o profesorado de xeito que poida dun xeito sinxelo crear e administrar cursos. Terán cumprida información no momento que esté operativa.

Recomendamos a consulta dos manuais dos profesores Enrique Castro e Jesus Martín que poderemos consultar na URL http://docs.moodle.org/es/Manuales_de_Moodle

Distribuir contido


by Dr. Radut