Webs dinámicas por Consellería de Cultura, Educación e O.U. atópase baixo unha Licenza Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 3.0 España.
Porque Creative Commons?
As licenzas Creative Commons concíbense respecto ó uso de materiais didácticos, música, películas, fotografías, blogs, etc.
Segundo a lexislación vixente se o autor dunha obra non especifica a que tipo de licenza a somete, esta adquire directamente Copyright dende o momento da súa creación.
Acollerse a este tipo de licenza libre significa permitir certos usos das obras que creamos, que non estarían dispoñibles se non o especificamos.
O coñecemento deste tipo de licenzas faise, se cabe, máis importante no eido educativo xa que responde directamente ó principio educativo de colaboración, facilitando o traballo en equipo a través do uso das TIC.

Que tipo de permisos podemos otorgar con este tipo de licenzas?
Tal e como explica a páxina oficial de Creative Commons existen catro tipos de condicións que combinadas dan lugar a seis tipos de licenza diferentes.
Catro condicións:
Recoñecemento (Atribution): Significa o recoñecemento da obra utilizada. Esta é a única condición obrigatoria. | |
Non Comercial (Non commercial): A utilización da obra non pode ser para uso comercial. | |
Sen obras derivadas (No Derivate Works): Non permite a modificación da obra orixinal, co cal non se poderán facer obras derivadas. | |
Compartir Igual (Share alike): Os usuarios poderán modificar a obra orixinal sempre e cando a nova obra manteña o mesmo tipo de licenza. Esta condición é imortante xa que garante a continuidade da cadea de colaboración. |
Seis tipos de licenza:
Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restricción. | |
Recoñecemento – NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais. | |
Recoñecemento – NonComercial – CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas. A distribución deberase facer con unha licenza igual a que regula a obra orixinal. | |
Recoñecemento – NonComercial – SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas. | |
Recoñeccemento – CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas. A distribución deberase facer con unha licenza igual á que regula a obra orixinal. | |
Recoñecemento – SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas. |
Recomendamos a lectura de:
Junta de Extremadura y OCDE (2008): El conocimiento libre y los recursos educativos abiertos.(Descarga en pdf)