Skip to Content

Categorías e albums

Creando categorías e albums

A aplicación permite crear distintos perfís ou grupos de usuarios.

Entregamos a aplicación con dous grupos de usuarios: Administrador e Profesorado.

Administrador:

O administrador pode crear categorías e dentro delas os albumes que desexa. Ex: categoría 06/07 e dentro os albumes de Magosto, Nadal, Antroido...

Logo, no menú superior vai a ter a posibilidade de engadir ficheiro ou engadir foto. Esa foto irá para calquera dos albumes creados.

Profesorado:

O perfil de profesorado, se non é administrador non pode crear categorías e so podería crear albumes persoais dentro da categoría xeral de usuarios.

Todo vai a depender de como se cree dito usuario profesorado. Aconsellamos que non se permitan galerias persoais de usuarios e que forzosamente teñan que publicar as imaxes nalgún dos albumes previamente creados polos administradores.

Distribuir contido


by Dr. Radut