Skip to Content

Definindo Moodle

imaxe moodle
  • Moodle é un LMS (Sistema de Xestión da Aprendizaxe) baseado en Software Libre.
  • Moodle está construído por profesores e para profesores dende unha óptica constructivista.
  • Moodle é un software modular o que tecnicamente implica que calquera pode desenvolver un módulo adaptando a aplicación ás súas necesidades. Ó ser Software Libre estes módulos están dispoñibles na web oficial.
  • Moodle estrutúrase en cursos onde os profesores poden colgar os seus recursos e actividades para o alumnado, mantendo en todo momento un seguimento da actividade que este realiza. Ademais, o amplo número de actividades dispoñibles fai de Moodle unha plataforma con un potencial colaborativo moi importante.
A incorporación desta ferramenta ao Proxecto Webs Dinámicas non intenta propoñer tarefas ou modelos de formación a distancia. Todo o contrario, o que pretendemos é que Moodle sexa unha ferramenta de traballo presencial na aula de xeito que o profesorado poida dispoñer dun espazo para organizar as súas unidades didácticas, repositorio de documentos, espazo de intercambio e comunicación. Da mesma maneira poder dar aloxamento a traballos colaborativos do alumnado ou espazo de relación con outras comunidades escolares.

Ademais da ampla flexibilidade á hora de importar actividades realizadas con outras aplicacións nos propios cursos de Moodle, este permite a exportación e importación de cursos polo que calquera profesor pode utilizar cursos xa elaborados, por eles ou por compañeiros, adaptando os contidos á realidade da súa aula, dando sentido así ó último nivel de concreción curricular.
Evidentemente Moodle préstase para a elaboración e proposta de actividades complementarias, para consulta e estudio dende o fogar, ou para o control familiar de tarefas dos fillos e fillas, pero é así mesmo o complemento ideal na ensinanza presencial para aquel profesorado e alumnado que nos centros educativos dispón de equipos informáticos na aula, ou acode regularmente á aula de informática.

Enlaces externos:

Páxina Oficial de Moodle: moodle.org
Documentación sobre Moodle: docs.moodle.org/es
Moodle na Wikipedia: es.wikipedia.org/wiki/Moodle
Manual recomendado de Jesús Baños Sancho (descarga en .pdf)


page | by Dr. Radut