Skip to Content

Solicitude de entrada no proxecto Webs dinámicas

A Consellería de Educación e O.U. está ofrecendo aos centros educativos públicos a participación nun proxecto denominado "Webs dinámicas" que basicamente consiste na instalación e configuración de tres ferramentas web que son:

  • Drupal, como portal web do centro.
  • Moodle, como aula virtual.
  • Coppermine, como galería de imaxes e vídeos.

Estes servizos están destinados ó centro podendo facer uso dos mesmos toda a comunidade escolar segundo determine a dirección do mesmo.

Todas estas ferramentas están baseadas na tecnoloxía da web 2.0 polo que para facer uso das mesmas tan só é necesario dispoñer de conexión a Internet e un navegador: Mozilla Firefox, Google Chrome... Non se recomenda o uso de Internet Explorer sobre todo para a edición dos contidos.

A instalación e configuración destas ferramentas, así como as seguintes actualizacións, parches de seguridade, novos temas, novos módulos, etc. corren a cargo do proxecto, buscando unha uniformidade dos compoñentes instalados aos centros participantes.

A Consellería de Educación e O.U. pon a disposición dos centros participantes a asistencia dun asesor de zona que realizará as primeiras explicacións sobre o uso destas ferramentas.

Para solicitar estes servizos, a dirección do centro deberá remitir a súa solicitude ó enderezo websdinamicas@edu.xunta.es, desde a conta de correo electrónico do centro, indicando o código e o nome do centro e que "Desexan participar no proxecto Webs dinámicas".

Unha vez solicitado recibirían no correo electrónico do centro as oportunas indicacións e xa poderán concertar a asistencia co asesor ou asesora correspondente. Esta asesoría contará coa cunha conta de usuario, con rol de administrador, que responde ao nome de "webmaster" para poder acceder ás aplicacións instaladas no caso de ser necesario e requirido desde o centro e poder así resolver incidencias no uso das mesmas. É imprescindible a existencia desta conta de usuario "webmaster" para a participación no proxecto e poder así contar coa asistencia oportuna.

Para calquera xestión posterior sempre se utilizará este protocolo de comunicación, desde e para a conta de correo do centro educativo, polo que non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.

Webs dinámicas.
http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/
E-mail: websdinamicas@edu.xunta.es



page | by Dr. Radut