Skip to Content

Insertar vídeos wmv en Drupal

Coppermine permite subir vídeos wmv que se ven perfectamente con tal de ter instalado o plugin correspondente no teu equipo. En Drupal podemos insertar vídeos flv ou poñer enlaces a vídeos noutros formatos. Hai algunha forma de insertar vídeos wmv sen convertilos a flv (perdendo calidade)? Os códigos html que atopei en Internet non funcionan, parece que Drupal interpreta calquera cousa "embebida" como Flash e modifica o código que pego para reproducir wmv. Podería solucionarse instalando un novo módulo de Drupal?. Non teño claro se o que se chama "video" serve para isto.

Inserir videos Windows Media Video (wmv)

Dende o Proxecto Websdinámicas cremos no contidos multiplataforma e na estandarización de protocolos polo que non compartimos a necesidade de subir videos wmv.

Podes probar o software Super a ver si consigues conservar algo máis da calidade.

En canto á instalación de novos módulos o proceso sería suxerilos para probalos dende o proxecto e, si interesa, instalalo en tódolos centros participantes.

Saúdos

Microsoft

Eu non son ningún forofo de Microsoft e tamén comparto o apoio aos contidos multiplataforma e a estandarización. Sen embargo, a realidade é que nun centro poden chegar vídeos editados por moita xente diferente e que aínda é moi raro que teñan software que xenere arquivos flv. Para evitar a conversión de formatos, pensei que podería haber algún xeito sinxelo de inserir distintos tipos. Eu utilizo Linux (Ubuntu) cos meus alumnos, pero eles saben que instalar o plugin para wmv en Linux leva uns segundos e así poden reproducir por exemplo todos os vídeos da web da Televisión de Galicia (tamén é necesario instalar o plugin de flash en Linux). Así que na práctica actual, wmv é un formato tan multiplataforma (e propietario) como flv. Se no futuro se chega a integrar Coppermine en Drupal, xa se resolvería esta pequena dificultade. De todas maneiras, agradezo a suxestión de Super e por suposto, en xeral agradezo todo o voso fantástico traballo. Espero que non vos parezan mal as miñas pacíficas discrepancias! Angel Carrera


forum | by Dr. Radut