Skip to Content

Creando contidos moderados

Entendemos por contido moderado como aquel contido que crea un usuario e precisa da aprobación do administrador para ser publicado ou aparecer na web.

É unha característica que se asocia ó tipo de contido e non ao usuario. É dicir, non podemos dicir que os contidos que elabore un determinado rol sexa moderado. O que si podemos facer é que un tipo de contido, ex:artígo, sexa moderado.

Se quixeramos en un determinado perfíl ou rol só publicase contido moderado, asignaríamoslle só permiso de crear artigos e logo a artigos dariamoslle a característica de "moderado"

Na version 5.1 NON EXISTE CONTIDO MODERADO ou NA COLA DE MODERACIÓN. Pero exite a posibilidade de crealo, xa que nesta nova versión podemos crear tipos de contido.

Administrar » Administración do contido » Tipos de contido » Engadir tipo de contido

Creamos un contido que podemos chamar. Contido moderado

Ο Publicado
Ο Promocionado á páxina principal
Ο Pegañoso no comezo das listas
Ο Crear nova revisión

Dito contido, por defecto NON ESTÁ PUBLICADO.

Cando o administrador quere aprobar un Contido moderado, vai a ruta

Administrar » Administración do contido » Contido

Filtra:
Estado: Non publicado
Tipo: Contido moderado

Opción de actualización: publicar

 



page | by Dr. Radut