Skip to Content

Cargar usuarios

Quixéramos saber si se pode cargar os usuarios (tanto profesorado como alumnado) dados de alta no servidor Linux, no moodle da Aula virtual. Gracias.

Usuarios servidor Linux

Non entendemos de que servidor Linux estamos a falar. Intranet?¿

Usuarios servidor Linux

No noso centro temos un dominio con un servidor Linux no que cada alumno e profesor ten unha conta de usuario para iniciar sesión nos ordenadores do centro. Nese mesmo servidor temos instalada unha intranet educativa con moodle, que toma os usuarios que xa están definidos, e así os alumnos e profesores poden entrar no moodle co mesmo usuario e clave que usan para iniciar sesión. O que queremos é evitar ter que dar de alta a todos os usuarios na aula virtual da web do centro, xa que ademais teríamos que estar sincronizando os usuarios cada vez que houbera novos profesores ou alumnos. A solución ideal sería poder configurar o moodle da aula virtual para que autentifique aos usuarios do LDAP do servidor do noso centro, e desta forma non teríamos que replicar os usuarios. Se non fose posible, ver se hai algunha forma de exportar automaticamente os usuarios do servidor á aula virtual.

autentificar usuarios do noso servidor

LDAP

O do LDAP totalmente descartado. Imaxino que vos tendes un LDAP e moodle identifícase contra ese LDAP.

Se podedes exportar os usuarios do LDAP mediante un arquivo de texto moodle podería importalo.

forum | by Dr. Radut