Skip to Content

¿Por onde empezar?

Quixera saber por onde se empeza para utilizar Moodle. ¿Como se fai para crear unha conta, acceder, etc.?

Lentitude

Isto vai ser moi lento. A asesora Siega xa estivo para explicar a web dinámica e non deu indicacións sobre Moodle. Tampouco lle preguntamos porque non sabiamos que requiría explicación. Se cadra cando consigamos contactar para poder empezar xa rematou o curso. ¿Non podedes dar algunha indicación de cómo se empeza? En xeral estamos a apañarnos como boamente podemos para xestionar a web, porque non dispoñemos de tempo xa que a carga lectiva é moi alta. Por outro lado, os cursos que se solicitan non os conceden. As webs dinámicas e moodle poderanse xestionar se hai algunha axuda. O coordinador TIC só dispón dos venres de 10:30 a 12:00 para o seu traballo e resulta imposible coincidir cos profesores interesados na xestión da web. Así que pola nosa parte non falta interese, pero sen explicacións non podemos facer nada. Podemos ler e seguir os pasos dun manual. Ou cando menos intentalo. En fin, se podedes facer algo... Un saúdo.

empezar

Por se alguén ten o mesmo problema, finalmente averigüei que se empeza con "xxxx" e "yyyy", exactamente igual que cando empezamos coa web dinámica. Non era difícil, pero se ninguén contesta...

Empezar ou entrar

As aplicacións deste proxecto teñen inicialmente os mesmos contrasinais. Anque as contrasinais poden ser máis ou menos públicas, mellor non escribilas.

 

Empezar

Recomendamos solicitar a presenza no centro do asesor/a Siega da zona para que vos poña en marcha


forum | by Dr. Radut