Skip to Content

Educativos linux

Google Earth

Google Earth combina a potencia das buscas de Google con imaxes de satélites, mapas, terreos e edificios 3D para poñer toda a información xeográfica do mundo ao noso alcance.

JCLIC

Jclic Player e JClic Author funcionan perfectamente baixo o entorno Linux.

Na url http://clic.xtec.net/es/jclic/download.htm podemos baixar o instalador de Linux.

Para que funcione, simplemente hai que descomprimir o zip que baixamos nunha carpeta e logo no escritorio crear os enlaces correspondentes (Accesos ) aos arquivos jclicplayer.jar e jclicauthor.jar

Prememos co botón dereito sobre a pantalla e eliximos as opcións: Crea novo > Enlace a aplicación 

Editamos este enlace, poñendo nas liñas de comando as rutas correctas aos arquivos jclicplayer.jar e jclicautor.jar, antepñoendo "java -jar"como podemos ver nas imaxes.

 

 

Celestia

Simulador do espazo.

Podémolo instalar dende o Yast, buscando nas fontes de instalación.

kdeedu3

Paquete de actividades que podemos encontrar e instalar a través das fontes de instalación de Suse. Buscámolo nas fontes polo nome e xa aparecerán os rpm

Intala un amplo conxunto de aplicacións:

ASTRONOMIA : Kstars

EDUCACIÓN: Keditor, Xgeografía, Ktouch

IDIOMAS: KHangMan, Kletres, KVoc, Kword, Kanagram

MATEMATICAS: Klogo, Kporcentaxes, Kxeometría, KFracións, KFuncións

TABOA PERIÓDICA

Máis propio para secundaria e bacharelato

 

Gcompris

Programa con múltiples actividades para educación infantil e primaria:

Puzzles, Estudio do ordenador, Actividades recreativas de texto, Debuxo,.. Actividades de estudo e descubremento de distintas áreas, Xogos de Estratexia, Experiencias ou Actividades de lectura

 Para instalalo, podemos empregar o YAST e as fontes de instalación xa nos ofrecen a posibilidade de instalalo dende ditas fontes.

Atnag

Progama de Autor para realizar distintas actividades lúdicas e educativas indicadas especialmente para ed. infantil e primeiro ciclo de ed. primaria.

Na URL http://perso.orange.fr/atnag/index_es.htm poderemos atopar máis información e descagar a aplicación.

Na URL https://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=52125 veremos todos os paquetes que baixar. Gardarémolos nunha mesma carpeta no noso equipo. Cambiaremos as propiadades do arquivo install para que sexa executable e lanzarémolo premendo sobre el.

Se todo é correcto, a aplicación instalarase e crearanos tres iconos no escritorio.

Distribuir contido


by Dr. Radut