Cando consideredes rematados os cursos, deberíades facer unha copia de seguridade.
Logo depende como queirades ter accesibles os cursos deste ano. Se os deixas con contrasinal e creas unha categoría de histórico ou simplemente os gardas na copia de seguridade.
1-Se xa creastes unha copia de seguridade hai a posibilidade de "inicializar" un curso de xeito que empezaría o curso de cero xa que lle podemos eliminar os datos referentes ao alumnado. (Recomendado)
2-Se queremoss conservar os cursos cargados, teriamos que crear un novo curso e recuperar "Restaurar" en el a copia de seguridade do curso antigo sen os datos dos alumnos. (Neste caso é posible que teñamos problemas coa importación das wikis)
3.-Tamén poderiamos crear un curso novo e empregar a utilidade "importar", co que importariamos para este curso novo só aquelo que queremos do curso antigo.
Consello:
Facer ensaios coa posibilidade 3, se satisface perfecto, senón probariamos a 2 e por último a 1. Se nos vale gardar simplemente as copias de seguridade dos cursos xa iría directamente á 1. Hai varias posibilidades e non saberiamos dicir cal é mellor.