Skip to Content

Subindo arquivos

Por se alguén tivo o mesmo problema: Varios alumnos nosos intentaron cargar arquivos co resultado do seu traballo, e ainda que no navegador poñía "Feito", o certo é que non se cargaban. Finalmente, descubrimos que Moodle non acepta arquivos que leven espazos no nome. Moodle debería ter un aviso no momento de cargar arquivos e ademais, unha mensaxe de erro posterior para os despistados. Tamén chama a atención que Moodle non acepte por exemplo o formato BMP á hora de insertar imaxes.

Arquivos en moodle

1-Nomes de arquivos
Nos contornos web é preciso ter un mínimo de "hixiene dixital" ou "boas prácticas". Entre tales está a dos nome de arquivos:

-Mellor todo en minúsculas (windows non distingue unha extensión en minúsculas ou maiúsculas pero linux si, e os servidores web soen ir sobre plataformas linux)

-Os espazos, caracteres extranos (ñ, ^, :,...) ou acentos non son permitidos

-Preferiblemente nomes cortos, mellor de menos de 8 caracteres

2-As imaxes
Moode permite distintos formatos de imaxes. Polo menos GIF, PNG e JPG.

Nas imaxes, se seguimos falando de "boas prácticas" deberiamos ter en conta ademáis do nome e da extensión:

-O peso: nunha páxina educativa unha imaxe de máis de 100 Kb non sería moi xustificable tendo en conta que a navegación sería moi lenta e posiblemente o que entre unha vez non volva. 100 Kb dan para unha calidade máis que suficiente.

-O tamaño: tanto en drupal como en moodle unha imaxe cunha das súas dimensións superiores a 400 píxeles vainos desfacer o formato de páxina xa que temos unhas marxes nas que se atopan menús e opcións que provocarían scroles horizontais ou verticais sempre desagradables e pouco didácticos.

Nunha galería de imaxes si estarían xustificadas imaxes de 800x600. Tamaños maiores van provocar scroles. Debemos persar nas resolucións dos equipos dos usuarios en xeral e non só na que temos nos.



forum | by Dr. Radut