Skip to Content

Libros de texto

Nos manuais de Moodle recomendados neste espazo, vexo que nos cursos tipo "tópicos" existiría a posibilidade de facer libros de texto, e dicir, simplemente gardar apuntes de clase estructurados en capítulos e subcapítulos. Sen embargo, cando trato de engadir un recurso ou actividade tipo "libro" ou "material" nun curso de "tópicos" non aparecen estas opcións. Non está cargado ese módulo tan básico no Moodle dos centros?

Libros en Moodle

Os Libros son un módulo que se pode efectivamente engadir en Moodle. Pódense facer libros en calquera tipo de curso: "tópicos", "Semanal" ou "Social".

Ata dagora nadie o pideu e polo tanto de entrada non o consideramos un módulo tan básico. Si o probamos na versión actual e funciona correctamente

Seguramente no mes de xuño se fará unha actualización a Drupal 5.7+Coppermine 1.418+Moodle 1.85+ e poderiamos engadir dito módulo.

En moodle xa temos previsto engadir os de Webquest, Feedbak e Flashvideo.

Grazas

Unha vez máis, grazas pola resposta. Cando digo que me parece un módulo básico, tampouco me fagades moito caso. Eu levo moi poucos días experimentando co Moodle e se ben é certo que o Libro foi das primeiras opcións que botei en falta, a verdade é que aínda me queda moito para ter unha visión global do sistema. De momento, estou experimentando con prácticas de tratamento de imaxes para os alumnos de 4º de ESO con Tecnoloxía, e para iso chégame cun curso semanal que teña páxinas web, arquivos e enlaces. Estou aínda moi moi verde, pero gústame o sistema. Vexo moi interesante que estea previsto engadir módulos como Webquest e Flashvideo, pero se non hai problema... tede en conta o Libro ;-) Angel

Libro

A súa proposta xa será instalada en todos os centros na nova actualización.

Actualización

Un millón de grazas por ter en conta a nosa proposta con tanta rapidez.


forum | by Dr. Radut